A Área de Muller de Esquerda Unida Lugo convídavos a participar no vindeiro 
 XOVES VIOLETA
Este xoves 27 de marzo, ás 20:00h. na Galería Sargadelos (Praza Santo Domingo, 4), queremos debatir con vós sobre Coeducación: educación para a igualdade. Que papel xogan a educación e o sistema educativo na perpetuación dos roles de xénero? Que é a coeducación?
Falaremos da alternativa feminista na educación con Branca Guerreiro,
 mestra e pedagoga que traballa actualmente como orientadora no CPI Dr. 
López Suárez de Friol. Foi responsable da Secretaría da Muller do STEG 
durante sete anos e da Organización de Mujeres de la Confederación de 
STEs durante tres. Tamén participou no movemento feminista en diversas 
organizacións.
 
 

 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario