EU-Lugo considera que a cidadanía non vai aturar un novo pacto
para resucitar ó bipartidismo e á Coroa como piares dun rexime
esgotado.
Esquerda Unida  Lugo afirma que os últimos resultados electorais,
onde o bipartidismo sofriu un duro embate,  xunto cos escándalos de
corrupción que afectan á Coroa, teñen provocado a abdicación do
Rei, como estratexia para darlle un novo impulso a un réxime
decadente e en descomposición.
Diante deste  intento por someter á cidadania a unha Segunda
Restauración Borbónica, Esquerda Unida considera que os
dereitos de sucesión sanguíneos son incompatibles cunha democracia
plena e avoga pola abolición dunha Monarquía anácrónica, como
mecanismo para á construcción dun modelo de estado democrático,
social e verdadeiramente representativo.
Por todo elo Esquerda Unida chama a cidadanía a participar nese novo
proceso constituínte así como en todas as mobilizacións convocadas
polo restablecemento da 3ª República previstas como a que terá
lugar hoxe diante da Subdelegación do Goberno ás 20:00 convocada
pola Xunta Republicana de Lugo
por un proceso constituínte cara a III República!
pola democracia real, non á monárquica!
 

 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario