Dende EU agardamos  unha lista á
altura do señor Alcalde entre o seu contorno de imputados.
Para EU- Lugo, a intención de
presentarse a reelección como Alcalde por parte do Señor Orozco,
despois de 16 anos repletos de imputacións no Goberno Municipal e do
desmantelamento dos servizos públicos mediante concesións a
empresas tamén imputadas por diferentes delitos, supón un novo
bochorno para unha cidade farta xa dos escándalos protagonizados 
polo actual rexedor.
Neste contexto, a intención de Orozco de perpetuarse durante 20 anos ao fronte do Consistorio,
confirma que o Alcalde pon, como sempre, os seus intereses persoais
por diante do servizo á cidadanía e a resolución dos importantes
problemas da cidade, moitos deles creados pola súa nefasta xestión.
O feito de que Orozco logre impoñer a
súa candidatura, pon ademais de manifesto unha absoluta falla de
autoridade e responsabilidade do Presidente do PsdG, asi como o
estado de absoluta descomposicíon do seu partido
Diante desta  esperpéntica situación,
a Esquerda Unida Lugo só lle queda recomendarlle o Señor Alcalde,
que sitúe de número dous da lista o señor Liñares, a súa antiga
man dereita, e complete a lista entre os numerosos imputados que o
Grupo Socialista ten no Concello, para ter unha candidatura acorde
coa súa figura.
 

 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario