martes, 21 de octubre de 2014

ESQUERDA UNIDA LUGO DEMOSTRA O ENGANO SOBRE AS PROBAS CON DRONES PARA USO MILITAR NO AERODROMO DE ROZAS.


O Dron Atlante, desenvolto en Rozas, atópase xa en avanzado proceso de dotación de armamento.
EU-LUGO levará unha batería de iniciativas ao Parlamento Galego, Congreso dos Deputados, Parlamento Europeo e Concellos afectados, relacionadas coas mentiras ofrecidas dende o Ministerio de Defensa e o Goberno Galego.

O eurodeputado da Izquierda Plural, Javier Couso, o deputado e coordinador de EU Lugo Ramón Vázquez e a coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, ofreceron este venres unha roda de prensa en Lugo, na que denunciaron que a inversión de 10 millóns de euros anunciada por Feijóo no Debate do Estado da Nación, co que se pretende adaptar o aeródromo de Rozas nunha base de avións non tripulados, supón un paso adiante na conversión do aeródromo lucense nunha base para Drones de uso militar.

A roda de prensa comezou coa presentación de probas documentais na que representantes de AIRBUS DEFECE e da empresa de mísiles MBDA da multinacional EADS, recoñecen que o Dron Atlante, probado en Rozas, tratase dun UAV con fins militares en proceso avanzado de artillaxe ou dotación de armamento. Este recoñecemento manifesto demostra que, unha vez máis, tanto o INTA (Instituto de tecnoloxía aeronáutica de pendente do Ministerio de Defensa) a través do seu subdirector, o señor Bartolomé Marqués, como o Goberno  Galego do PP, a través do Presidente Feijoo, están a enganar burdamente a toda a cidadanía lucense e galega
A versión oficial ata o momento, tanto dos membros do INTA, como dos responsables do aeródromo e do Goberno Galego, insistía en publicitar o emprego de Rozas como base de probas para drones con fins civís, cando a realidade é que se están a poñer cartos públicos das galegas e galegos ó servizo das empresas privadas de armamento.
Ante esta situación, tanto Yolanda Díaz como Ramón Vázquez anunciaron que rexistrarán no Congreso dos Deputados, a través do Grupo da Izquierda Plural, unha Proposición non de Lei, pedindo o cese do subdirector xeral do INTA, Bartolomé Marqués, despois das reiteradas mentiras que o alto cargo do INTA proferiu nas súas visitas a Lugo, cheas de anuncios falsos e enganos.

Hai que recordar que despois dunha solicitude realizada por EU Lugo, o subdirector do INTA chegou a invitar por carta a membros desta organización para coñecer as probas realizadas en Rozas, pero pasado mais dun ano seguimos agardando a que esta visita se concrete.

Pola súa banda, o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, rexistrou una interpelación no Parlamento de Galicia, na que esixirán ao goberno de Feijóo información sobre as certificacións e autorizacións da Axencia Estatal de Seguridade Aérea e da súa homóloga europea para operar neste aeródromo con avións non tripulados, incluíndo os boletíns NOTAN requiridos para todo tipo de vos experimentais.
Por outra banda o eurodeputado do Grupo da Izquierda Europea, Javier Couso preguntará no Parlamento Europeo sobre o emprego de fondos europeos para gasto militar e o seu uso para sufragar probas con drones militares, despois de que o Goberno Galego recoñecese a súa intención de empregar recursos económicos da estratexia europea RIS3 para as obras no aeródromo de Rozas. Couso denunciou tamén na súa comparecencia, o emprego de diñeiro publico para beneficiar ás multinacionais do armamento, dentro de actuacións políticas enmarcadas no emprego das portas xiratorias, como é o caso do Ministro de Defensa, Pedro Morenés, antigo directivo da Empresa EADS de armamento, fabricante do Drone ATLANTE
Finalmente Esquerda Unida Lugo impulsará o debate de mocións nos Concellos afectados polas servidumes aeronáuticas de Rozas, nomeadamente os de Lugo, Cospeito, Pol, A Pastoriza, Castro de Rei e Outeiro de Rei, para que os plenos municipais dos mesmos soliciten información sobre as probas con drones realizadas e as previstas nun futuro, en canto as condicións de seguridade e os perigos que pode estar a padecer a veciñanza da comarca. É necesario recalcar que as probas con drones abarcarán un área equivalente a un triángulo de 120 quilómetros por lado entorno a Rozas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario