miércoles, 24 de junio de 2015

O PARTIDO POPULAR ASENTE COMPRACIDO AO PECHE DAS ESCOLAS INFANTÍS DE ABANCA

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Ramón Vázquez acusa á Xunta de Feijóo de mirar para outro lado “como sempre que se atacan dereitos fundamentais”
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015.- Primeiro, o Goberno rescatou as vellas caixas de aforros con 9.000 millóns de euros de todas as galegas. Despois, vendeu a entidade resultante por mil millóns. Os compradores obtiveron, no seu primeiro exercicio, 1.100 millóns de beneficios. “É un atraco perfecto, un roubo descarado”, relatou o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), quen lembrou as implicacións concretas da falcatruada: a venda de preferentes e o posterior impagamento, o peche de 104 oficinas, a desaparición de 4.000 empregos ou o desmantelamento progresivo da obra social. A rede de escolas infantís é unha das primeiras vítimas, á que o Partido Popular asentiu compracido esta mañá no pleno.
Abanca está a desmantelar as escolas infantís. Apenas queda unha aberta das catro que había”. O banco comezou polo centro de Monforte e agora vén de anunciar o final das garderías do Sagrado Corazón, en Lugo, e do Campelo, en Poio. “Isto é un ataque directo ás cativas e cativos de ate seis anos que se beneficiaban destas escolas e ao intento de conciliación de máis de 70 familias”, denunciou Vázquez, “algo que resulta aínda máis grave se temos en conta que se trata de escolas concertadas e xestionadas pola Xunta, que non fai nada”. E engadiu: “O Goberno de Feijóo cala e miara para outro lado, como sempre que se atacan os dereitos fundamentais da cidadanía”. Todo mentres 3.000 nenas e nenos quedan sen praza nas escolas infantís da Xunta, máis dun cento precisamente na cidade de Lugo onde Abanca pecha un dos seus centros.
Non é razoábel que unha entidade rescatada con cartos públicos, de todas as galegas e galegos, suprima servizos sociais fundamentais construídos durante anos cos aforros de cidadás e cidadáns”, expuxo Ramón Vázquez, “e que a Xunta asista inmóbil á situación”. É por esta razón que a proposición non de lei –pnl, no documento anexo- de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixía da Cámara o apoio para esixir ao Goberno galego que instase á Fundación Abanca “manter abertas e en bo funcionamento” as escolas infantís de Lugo e Poio e mais o resto dos “servizos socioeducativos da entidade, e unha “xuntanza urxente” do padroado da mesma para “organizar e planificar os servizos educativos e sociais desta entidade de interese social”.

Polo Partido Popular interveu unha deputada que, en palabras de Ramón Vázquez, apenas achegou “unha restra de mentiras, non dixo vostede nin a máis mínima verdade”. Todo para xustificar o apoio da dereita ao peche de dúas escolas infantís construídas co aforro agora expropiado de milleiros e milleiros de galegas e galegos. 
 
Video da intervención de Ramón Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario