ACE-EU PIDE
A COMPARECENCIA DE DÍAZ GRANDÍO NO PLENO PARA DAR CONTA DO SEU PAPEL COMO
CONSELLEIRO DO C.D. LUGO
Ø A principal pregunta que ACE quere que Díaz
Grandío responda ante toda a corporación municipal é, se como conselleiro do
C.D. Lugo, era coñecedor da contabilidade presentada ante a LFP na que aparece
documentada unha débeda existente no clube de máis de 1.600.000 €, así como a
razón pola que non se cumpriu a devolución antes do 31 de decembro de 2013 dos
600.000 € prestados polas arcas municipais para a conversión en S.A.D., tal
como se acordara no convenio asinado entre o Concello e o clube de fútbol.
Ø “Os 600.000 euros aportados polo Concello ao
C.D. Lugo é unha cantidade que triplica as partidas orzamentarias destinadas a
urxencias sociais. Tendo en conta que en Lugo seguen a existir 17.000 persoas
en risco de exclusión, o mínimo que podemos pedir é explicacións de como se
gastaron eses cartos ante as sospeitas de que puidesen ser utilizados en tapar
un furado contable agachado á cidadanía, e que se dirima a responsabilidade dos
representantes institucionais no Consello de Admón.” apunta Carlos Portomeñe,
voceiro de ACE.
Lugo, 21
de setembro de 2015. – Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida vén de solicitar a
comparecencia no pleno do vindeiro xoves do Tenente de Alcalde Delegado da Área de Goberno de Medio Rural,
Infraestruturas e Deportes, José
Manuel Díaz Grandío, para dar conta das súas funcións desempeñadas como
conselleiro do C.D. Lugo, ante a alarma social creada polas novas informacións
acerca das irregularidades nas contas da Sociedade Anónima Deportiva, en cuio
balance económico presentado ante a Liga de Fútbol Profesional se indicaba que
o clube tiña a día 30 de xuño de 2013 unha débeda de 1.600.000 euros que nunca
foi recoñecida públicamente. O convenio do Concello de Lugo co clube é do 28 de
maio de 2013, un mes antes da data do balance no que se recolle a débeda, e unha
semana antes, o sábado 22 de xuño de
2013, ten lugar a asemblea constituínte da S.A.D. coa presenza de máis de 330
accionistas e na que se aproba a entrada dos tres representantes da Deputación
de Lugo e dos dous do Concello no Consello de Administración. Por iso, a
principal pregunta que ACE-EU quere que Díaz Grandío responda ante toda a corporación municipal é, se como
conselleiro que xa era do C.D. Lugo, era coñecedor da contabilidade presentada polo
Lugo ante a LFP na que aparece documentada a débeda existente, así como a razón
pola que non se cumpriu a devolución antes do 31 de decembro de 2013 dos
600.000 € prestados polas arcas municipais para a conversión en S.A.D., tal
como se acordara no convenio asinado entre o Concello e o clube de fútbol.
“Estamos
ante uns feitos de suma gravidade. Os 600.000 euros aportados polo Concello ao
C.D. Lugo é unha cantidade que triplica as partidas orzamentarias destinadas a
urxencias sociais. Tendo en conta que en Lugo seguen a existir 17.000 persoas
en risco de exclusión, o mínimo que podemos pedir é explicacións de como se
gastaron eses cartos ante as sospeitas de que puidesen ser utilizados en tapar
un furado contable agachado á cidadanía, e que se dirima a responsabilidade dos
representantes institucionais no Consello de Admón.” apunta Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.
“Nun momento en que a Lei actual impide ao Concello a contratación con empresas
que teñen débedas, e que mesmo unha das casetas de polbo do San Froilán quedou
baleira por este motivo, o feito de que se investisen cartos públicos nunha
entidade cunha enorme cifra de débeda oculta faise máis sangrante. Os lucenses
merecen explicacións, especialmente os socios do C.D. Lugo”.
ACE-EU xa rexistrara a
semana pasada unha batería de preguntas para ser respondidas por escrito por Díaz Grandío, ás que debe responder nun
prazo de quince días prorrogable ate vinte días máis se así o solicitase o
destinatario, segundo o Regulamento Orgánico Municipal. Por esta razón, ante a
urxencia dun asunto que non pode demorarse máis dun mes en ser respondido, e á
luz dos novos datos publicados na prensa, Alternativa Cidadá de Esquerdas optou pola solicitude de comparecencia plenaria.
Entre as anteriores preguntas rexistradas, están se os representantes do
Concello percibiron algunha retribución, directa ou indirecta pola súa labor de
conselleiros do C.D. Lugo; se asistían regularmente ás xuntanzas do Consello de
Administración e se estudiaban as ordes do día e a as actas das mesmas; así
como se tiñan constancia de presuntos pagos para a devolución de créditos, de
contratos blindados a membros do equipo técnico ou da facturación de sociedades
pertencentes a directivos e técnicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario