jueves, 8 de octubre de 2015

O obxectivo da privatización de servizos é o enriquecemento de multinacionais como ACS

AS CONTAS XERAIS DE 2014 EVIDENCIAN QUE A FINALIDADE DAS CONTRATAS DE SERVIZOS LOCAIS É O ENRIQUECEMENTO DE DETERMINADOS GRUPOS EMPRESARIAIS


Ø  Un exemplo claro é o crecemento da multinacional ACS, presidida por Florentino Pérez, nos últimos anos nas concesións da cidade, a través das súas filiais (URBASER, ESYCSA-ETRALUX, CLECE) chegando a facturar en 2014 ao Concello de Lugo máis de 9 millóns de euros.
Ø  “A entrega dos servizos locais aos xigantes multinacionais do tipo de ACS só trae consecuencias negativas para a cidadanía, como a desinversión na mellora da infraestructura pública, a diminución da calidade na prestación dos servizos e do control da mesma, e un dos máis feroces a curto prazo, a precariedade laboral e a destrucción de emprego”, explica Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.  
Ø  O caso de CLECE é elocuente: acumula denuncias de sindicatos, traballadores e usuarios por incumprimento das condicións laborais, por deficiencias na prestación do servizo contratado e despedimentos masivos, así como sentencias xudiciais desfavorables e sancións administrativas por toda a xeografía española: Sabadell, Ponferrada, Almería, Cambre, Santiago de Compostela, etc.
Ø  O resumo das contas xerais de 2014, tratado na comisión celebrada esta mañá no Concello, confirma a situación de monopolio empresarial no ámbito dos servizos sociais, denunciada hai tempo por Esquerda Unida, na que un mesmo empresario acumulaba ata 11 contratos diferentes, a través das empresas A Billarda e Alalás (ámbalas dúas co mesmo domicilio social), por un valor de preto de 3 millóns de euros.

Lugo, 7 de outubro de 2015. – Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unidaconsidera que a principal conclusión que se pode extraer da análise dos contratos do Concello de Lugo con empresas privadas para a prestación dos distintos servizos municipais é que a súa finalidade é o enriquecemento de determinados grupos empresariais. Un exemplo claro é o crecemento da multinacional ACS, presidida por Florentino Pérez, nos últimos anos nas concesións da cidade, a través das súas filiais, chegando a facturar en 2014 máis de 9 millóns de euros. Esta cifra é a suma das distintas contratas coas que conta na capital lucense: a recollida de basura e a limpeza viaria a través de Urbaser (polas que o Concello pagou 7.143.346,53 millóns de € o ano pasado), a conservación e mantemento da iluminación pública a través da UTE de ESYCSA e Etralux S.A., e a xestión das actividades deportivas en instalacións como as de FRIGSA ou As Pedreiras, polas que se embolsou a súa filial CLECE S.A. 368.751,66€ e 111.894,75€ respectivamente, dende xuño do ano pasado.

“A entrega dos servizos locais aos xigantes multinacionais do tipo de ACS só trae consecuencias negativas para a cidadanía, como a desinversión na mellora da infraestructura pública, a diminución da calidade na prestación dos servizos e do control da mesma, e un dos máis feroces a curto prazo, a precariedade laboral e a destrucción de emprego”, explicaCarlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU. Por exemplo, CLECE, a devandita filial de ACS, que se adica a prestación de servizos de atención a dependentes, de limpeza e actividades socioculturais, entre outros; ten propagado unha epidemia de conflictos laborais por todo Estado a través das concesións das que disfruta tanto a nivel municipal, como autonómico e estatal. “CLECE acumula denuncias de sindicatos, traballadores e usuarios por incumprimento das condicións laborais, por deficiencias na prestación do servizo contratado e despedimentos masivos, así como sentencias xudiciais desfavorables e sancións administrativas por toda a xeografía española: Sabadell, Ponferrada, Almería, Cambre, Santiago de Compostela, etc. Mesmo está a ser investigada por un caso de suborno de cargos militares para obter axuda nos concursos públicos do Ministerio de Defensa e tamén foi denunciada polos sindicatos a presunta prevaricación na súa contrata de limpeza para o CHUS en Compostela” apuntaPortomeñe.

Precisamente, para ACE-EU a privatización de servizos públicos é a porta pola que entran a maior parte dos casos de corrupción que afectan ao noso municipio, no que as concesións dos servizos públicos forman parte das tramas de clientelismo, tráfico de influencias, suborno e enriquecemento ilícito, encabezadas polo Operación Pokémon, que puxo no punto de mira ao grupo Vendex, que en 2014 cobrou do Concello de Lugo preto dun millón de euros vía Doal (ORA) e SERMASA (atención ao público no MIHL, no centro de interpretación da Muralla e a Domus/ensinanza deportiva en As Pedreiras); e a empresa concesionaria do servizo de recollida de vehículos, Cechalva, que o ano pasado ingresou máis de 500.000 das arcas municipais lucenses.


O resumo das contas xerais de 2014, tratado na comisión celebrada esta mañá no Concello tamén confirma a situación de monopolio empresarial no ámbito dos servizos sociais, denunciada hai tempo por Esquerda Unida, na que un mesmo empresario acumulaba ata 11 contratos diferentes co Concello de Lugo, a través das empresas A Billarda e Alalás (ámbalas dúas co mesmo domicilio social), por un valor de preto de 3 millóns de euros, por servizos tan diferentes como as actividades extraescolares nos colexios públicos, a atención de persoas maiores dependentes ou a implementación de programas deportivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario