miércoles, 10 de febrero de 2016

AGE ESIXE EXPLICACIÓNS AO GOBERNO POLAS MANOBRAS DA OTAN EN GALICIA

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda Ramón Vázquez esixiu hoxe explicacións ao  Goberno Galego polas manobras militares realizadas polo Grupo de Intervención Rapida da OTAN realizadas no Campamento Militar de Parga, nas que interviñeron 6 batallons de 6 paises diferentes coa finalidade de "planificar operacións de alta intensidade, integrando as diferentes funcións de combate" segundo o propio Ministerio de Defensa.

As manobras Azor Lineage da unidade da OTAN VJTF constitúense nuns exercicios preparatorios das operacións previstas na fronteira Rusa para o vindeiro mes de Xuño.

As manobras realizáronse nun espazo e nunhas instalacións non concibidas para este fin,  froito dunha "doazón forzosa" de monte comunal realizado durante a ditadura franquista polos veciños da zona. As operacións militares leváronse a cabo a escasos 300 metros das vivendas e provocaron serios destrozos nos camiños e terreos veciñais  coa maquinaria militar pesada. 

O Deputado de AGE denunciou o proceso de remilitarización da Terra Cha, convertendo esta zona nunha area de especial valor estratéxico pra o o control da Cornixa Atlántica por parte da OTAN.

Ramón Vázquez advertiu ó Vicepresidente do Goberno Galego Alfonso Rueda, das consecuencias que conleva implicar a Galicia nunha 2ª Guerra Fría  no que a OTAN, está a preparar un coctel explosivo mesturando a ameaza yihadista, a crise dos refuxiados, o control das fronteiras, a guerra de Ucraína e os conflitos de Oriente Próximo e Africa.

*Premer encima das pantalla para ver os videos das intervencións





No hay comentarios:

Publicar un comentario