A ASEMBLEA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA LUGO ANALIZOU A ACTUALIDADE MUNICIPAL E O PROCESO DE PRIMARIAS EN IU
A asemblea Comarcal de Esquerda Unida, celebrada o pasado luns día 22 de outubro, fixo en primeiro lugar un repaso das actividades realizadas desde a anterior Asemblea e a discusión sobre a actualidade política, especialmente dos últimos aconteceres da vida municipal na cidade de Lugo.
Deste xeito, examináronse con detenimento temas como o PXOM, o auditorio, a creación da empresa mixta de augas, o proxecto de cidade deportiva nas Gándaras, a situación laboral dos traballadores do Concello, o aluguer de pisos rehabilitados no casco histórico ou a nova ponte sobre o río Miño, entre outros.
Posteriormente iniciouse o debate sobre o proceso de primarias en Izquierda Unida para a elección do/a candidato/a á presidencia do goberno nas vindeiras eleccións xerais a celebrar na primavera. No transcurso de dito debate amosouse un claro apoio da Asemblea Comarcal á candidatura de Marga Sanz. Por outra banda, en Lugo todo semella indicar que os sobres de votación xa foron recibidos con normalidade nos domicilios da militancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario