miércoles, 29 de octubre de 2008

ESQUERDA UNIDA APOIA A ACTUACIÓN DO SEU GRUPO MUNICIPAL EN FERROL COMO UN EXEMPLO DE COHERENCIA E DEMOSTRACIÓN DE QUE ESTA ORGANIZACIÓN É A ÚNICA ALTERNATIVA DE ESQUERDA NA ACTUALIDADE

Esquerda Unida de Lugo quere amosar o seu total apoio ás actuacións do grupo municipal de EU no Concello de Ferrol, logo de ter sido expulsados do goberno municipal polo seu ata o de agora socio, o PSdeG.

Esquerda Unida aplica en Ferrol e nos gobernos onde participa o principio de coherencia cos seus principios programáticos, na convicción de que a esquerda debe caracterizarse por outra forma de facer política alonxada dos personalismos, o despilfarro, os clientelismos e a corrupción. Seguindo firmemente esta liña de actuación, en Ferrol foi insostible a negativa do alcalde de baixarse o salario (73.000 euros anuais na cidade con maior tasa de paro do Estado) e o intento de sabotear o regulamento de participación cidadá que elaboraba EU-IU.

O pobo de Ferrol perde unha oportunidade única de democratizar a vida no concello pola pechazón dun alcalde máis preocupado polos seus intereses personais que por gobernar para os ferroláns. Hai que destacar que no Pleno de onte, nove asociacións veciñais, apoiadas explícitamente por outras cinco, defenderon a continuidade do proceso de participación cidadá posto en marcha pola Área que dirixe Javier Galán de EU-IU. Esquerda Unida elaborou un regulamento de participación cidadá pioneiro en Galicia, con orzamentos participativos, asambleas de barrio, consellos sectoriais, e participación veciñal nos plenos e comisións.

Estes feitos coinciden cos escándalos de gasto do goberno autonómico, o máis recente o luxoso coche do Presidente da Xunta, polo que as declaracións de Ricardo Varela feitas hoxe en Lugo acusando a EU-IU non veñen senón a confirmar que o PSOE vai por unha banda e os intereses da cidadanía e dos traballadores por outra. Fronte á crise, o PSOE dá as costas á participación cidadá e imposibilita a rexeneración da política, actuando como o anterior goberno. O PsdeG non se preocupa pola perda de poder adquisitivo dos traballadores e defende, aproba e sostén os grandes salarios da clase política.

Irisarri pretendía emular ao seu correligionario Orozco, gobernando coa Lei de grandes cidades para non depender de EU, introducindo persoas non elexidas polo pobo no equipo de goberno, como o caso da responsable de Urbanismo en Lugo, e paralizando a participación da cidadanía nos asuntos municipais. Hai que lembrar que EU de Lugo criticou en repetidas ocasións as desorbitadas cantidades que reciben os políticos do Concello e a Diputación de Lugo, nunha provincia onde as pensión e os salarios son os máis baixos de España.

Ë necesario rexenerar a política, recuperar a identidade da esquerda, defender sen ambaxes os intereses da maioría e denunciar a corrupción, os personalismos e os clientelismos como fai EU. A política desenvolta polos partidos da "chamada esquerda" en Galicia demostran que só Esquerda Unida é coherente cos valores da esquerda transformadora, esa é a causa pola que o PSOE non foi quen de compartir o goberno de Ferrol, máis preocupado polos intereses personais e a propaganda institucional. Agora os catro concelleiros de EU en Ferrol seguirá traballando na oposición a un goberno municipal do PSdeG que prefire facer ingobernable un Concello con tan só nove concelleiros dun total de 25.

Esquerda Unida segue lucindo con orgullo a coherencia como estandarte da súa actuación política

No hay comentarios:

Publicar un comentario