miércoles, 25 de marzo de 2009

ESQUERDA UNIDA SOLICITA O ACONDICIONAMENTO DA MARXE DO RÍO RATO NOS ACCESOS A PARADAI

Desde EU-EU solicitamos da Deputación Provincial de Lugo un mellor acondicionamento da marxe do rio Rato onde se están acometendo as obras do novo acceso ao parque de Paradai.

Desde hai algún tempo, son varios os tramos polos cales se producen filtracións de augas de dudosa procedencia que desprenden moi mal cheiro e que non só lle dan mala aparencia á zona senón tamén son un inconvinte para os numerosos lucenses que transitan polo paseo a diario.

A primeira área afectada por este tipo de filtracións atópase na marxe esquerda da escalinata que baixa desde a vella ponte de Paradai até o paseo do Rato. Aínda que a zona se atopa acoutada por unha cinta que impide o paso, o fedor que desprende é insoportable. Desde EU solicitamos que se aclare por parte das autoridades competentes, se estas filtracións están relacionadas coas que quedaron tapiadas tras a colocación dos pilares para a construción da nova ponte que se pretende executar na derradeira fase do Plan Paradai.

A outra área afectada atópase a poucos metros e si parece gardar relación directa cos movementos de terra e as obras que se están executando para creación do novo acceso ao Rato. Neste caso a auga fíltrase constantemente producindo algunhas charcas considerables que desprenden un cheiro moi desagradable, co agravante de que se atopan á carón das mesas destinadas a merendeiros.

Desde EU-EU solicitamos que se arranxen as filtracións e se non se poden solucionar de forma inmediata, se proceda ao acoutamento e sinalización desta zona para evitar que a xente faga uso dela mentres duren as obras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario