
EU PROPÓN A REPARACIÓN DA ESTRADA QUE ENLAZA A LOUZANETA CON ASTARIZ
A estrada, de titularidade municipal, atópase nun estado lamentable e de abandono por parte do Concello desde hai meses. Son frecuentes os baches e desperfectos no firme, ata o punto de provocar situacións de risco para conductores e viandantes. O tramo, de tan só un quilómetro e medio de lonxitude, está en dito estado trala actuación en fincas colindantes de maquinaria pesada.
A estrada, que transcorre paralela á estrada de Friol, ten un ancho insuficiente para o volume de tráfico que soporta a diario. Este volume aumentou de xeito considerable trala colocación de bandas rugosas na ruta alternativa de unión da Estrada N-540 coa Estrada Lu-232 que enlaza Lugo con Friol. Este tramo de bandas rugosas sitúase nunha zona de chalés, provocando ditas bandas que a meirande parte dos vehículos que se dirixen a Friol o fagan polo tramo que desemboca na aldea de Astariz.
Por iso, EU esixe do Concello a inmediata reparación do tramo mencionado, así como a adecuación da vía ao volume de tráfico existente hoxe en día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario