
Considera imprescindible implicar aos axentes sociais do municipio
Tomando como referencia o Observatorio da Cultura Galega e o informe que este organismo realizou hai un par de anos sobre estatísticas culturais, Lugo ocupa o último lugar en número de bibliotecas, volúmenes e usuarios:
Lugar Bibliotecas Colección Total UsuariosA Coruña 33 632.954 119.440
Lugo 2 137.256 10.364
Ourense 11 261.765 41.870
Pontevedra 9 231.743 43.868
Comprobando a oferta é moi doado entender unha das causas do porqué o 41% dos galegos non leu un libro nos últimos doce meses e porqué dentro destes os lucenses levan a peor parte, xa que logo afirmaron ler algún libro no último ano o 34,4 por cento da poboación (o 65,6 non leu ningún libro). Segundo as estatísticas do Instituto Nacional de Estatística (INE) recollidas no diario El Progreso de 04/04/09, Lugo ten un 17,07% de poboación analfabeta, unha porcentaxe que no conxunto da comunidade galega se sitúa no 12,39% (matizar que estos datos se refiren a persoas sen estudos, o que non quere dicir obrigatoriamente que non sepan ler e escribir ou que sexan pesoas sin cultura, definición que da a RAE de analfabeto/ta). Iso si, semella que a media de horas adicadas á TV é máis ou menos homoxénea; unhas 2,5 horas diarias. O televisor está ao alcance de todos/as, pero para ir a unha Biblioteca en Lugo hai que desprazarse, e na maioría dos casos varios quilómetros.
Desde EU-EU, solicitamos por enésima vez que se executen as dotacións socioculturais contempladas para cada barrio, dándolle especial relevancia ás Bibliotecas das que estamos tan carentes. Non nos parece lóxico que só teñamos dúas Bibliotecas para 94.000 habitantes e moito menos lóxico que sigamos con dúas Bibliotecas para os máis de 300.000 habitantes que contempla o novo PXOM de recente aprobación.
En EU-EU somos conscentes do bo ritmo que levan as obras da Biblioteca Municipal de Ramón Ferreiro, as cales non terían maior transcendencia se houbese un número de Bibliotecas acorde á población lucense, se o único servicio de Hemeroteca de Lugo non se atopase nestas instalacións e polo tanto paralizado por mor das obras, ou se fose un servicio de Hemeroteca adaptado ao século XXI, é dicir, dixitalizado.
Desde EU-EU solicitamos, en definitiva:
- máis Bibliotecas nos barrios, con inclusión de fondos bibliográficos e intercambio de libros nos centros sociais
- a dixitalización do servizo de Hemeroteca e a inclusión de servicio de Hemeroteca noutras zonas da cidade
- a realización de políticas activas de fomento da lectura, en colaboración coas existentes nos centros de estudio, implicando aos centros sociais, a federación de libreiros, as asociacións veciñais e os axentes sociais en xeral
- a intensificación de actividades nas Bibliotecas que fagan do uso das mesmas algo máis cotián, así como a finalización das obras e apertura de todos os servizos con carácter de urxencia na Biblioteca Provincial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario