miércoles, 1 de abril de 2009


EU-IU CONSIDERA IRREGULAR E PERIGOSA A INVASIÓN DE TERRENO PÚBLICO PARA A CONSTRUCCIÓN DE APARCAMENTOS PRIVADOS NO CEAO

Xa se produciron accidentes na intersección entre as Avenidas Benigno Rivera e Infanta Elena

Esquerda Unida denuncia a existencia de graves irregularidades na actuación realizada na confluencia das Avenidas Infanta Elena e Benigno Rivera. En concreto, as obras realizadas na isleta que antecede á rotonda de Benigno Rivera alteraron por completo a súa fisonomía, disminuíndo a súa superficie para incluir 9 prazas de aparcamento en terreo público que anteriormente ocupaba a isleta. Estas prazas de aparcamento están situadas xusto na saída da rotonda, despois dunha curva de preto de 90º, dificultando o tráfico procedente de Benigno Rivera en dirección a Infanta Elena, co perigo engadido para os conductores que estacionen en ditos aparcamentos.

Estes aparcamentos producen unha alteración na isleta que obriga a invadir o carril inverso, polo cal na dirección contraria existen pivotes de señalización que esixen varios xiros antes de chegar a rotonda. Estes pivotes favorecen o embotellamento en días clave e están situados nunha zona de baixa visibilidade pese ás sinalizacións que invaden a estrada. Xa se deron varios accidentes no lugar e os pivotes están a día de hoxe desfeitos. É moi importante a fluidez do tráfico nesta zona, toda vez que se trata dunha conexión coa vía principal para acceder á autovía do Noroeste.

Hai que destacar que a obra realizada impide a visualización da rotonda. A normativa di que as glorietas, en tanto que reductores da velocidade, actúan basicamente pola percepción visual do obstáculo que supoñen ao tráfico. Por elo é moi importante unha boa visibilidade nos seus accesos.

Esquerda Unida considera que dita actuación non está recollida en ningunha normativa urbanística. O goberno municipal debe aclarar se o proxecto se axusta á lexislación vixente e se están concedidas as preceptivas licencias para unha obras deste alcance. A inclusión de prazas de aparcamento nunha mediana sentan, ademais, un precedente moi negativo para posibles actuacións similares noutras zonas da cidade.

No aspecto estrictamente político, Esquerda Unida sospeita que esta actuación agacha un novo trato de favor por parte do goberno municipal, posto que a nave construída frente aos aparcamentos corresponde a un negocio particular propiedade do presidente da Asociación de Promotores e Empresarios da Construcción (El Progreso, 2- XI- 2006). Sería unha máis das numerosas polémicas urbanísticas xurdidas da relación entre dito empresario e o alcalde de Lugo.

EU-IU reclama que se reordene de novo o tráfico para evitar colapsos e accidentes, eliminando os obstáculos na traxectoria de invasión de glorieta e devolvendo o carácter público a dita superficie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario