O COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL DE ESQUERDA UNIDA
EU-IU comprométese a continuar co traballo iniciado e trasladar novas iniciativas ao Parlamento Europeu na vindeira lexislatura
Na pasada lexislatura Esquerda Unida levou ao Parlamento europeu iniciativas e preguntas sobre temas medioambientais tan importantes como a nova ponte sobre o río Miño en Lugo, a destrución producida polas canteiras do Courel, a planta de gas de Reganosa en Mugardos, o PXOM de Vigo, os recheos dá ría de Vigo, os depósitos do Ferrazo na ría de Arousa, entre outros.
Esquerda Unida comprométese a continuar estas liñas de traballo institucional e a trasladar ao Parlamento Europeu novas cuestións vitais para a nosa cidade e provincia, empezando polo plan Xeral de ordenación Municipal (PXOM) de Lugo e a construción de edificios no Parque Rosalía de Castro e a construcción no municipio de Barreiros.
Esquerda Unida considera que as cuestións sociais e as medioambientais están ligadas. A realidade mostrou que sobre fundamentos neoliberais é imposible construír desenvolvemento sostible, emprego de calidade e cohesión social.
Neste sentido, o cambio climático é un dos maiores fracasos do sistema produtivo actual. EU-IU propón a reforma ecolóxica inspirada no principio de que "quen contamina paga" e de tomar en consideración tanto o custo de extracción como o custo de reposición dos recursos naturais utilizados. Ademais, ten que incluirse a medida da "pegada ecolóxica", para controlar a evolución positiva ou negativa da sostenibilidade.
No caso particular da provincia de Lugo, asistimos á destrución medioambiental derivada da aplicación dese modelo produtivo fracasado. Así, podemos falar da destrución paulatina do territorio debido ás grandes infraestruturas como a construción indiscriminada de autovías, a instalación de parques eólicos en zonas protexidas, a especulación inmobiliaria ou a inexistencia dunha rede de transporte público, especialmente ferrocarril.
EU-IU oponse ao crecemento desordenado de espazos urbanizados con criterios economicistas. EU-IU defende unha planificación política do territorio, coa necesaria e efectiva participación do tecido social, que defina necesidades industriais, agrícolas, gandeiras, turísticas, de servizos e implemente as políticas necesarias para garantir un desenvolvemento social xusto e ambientalmente sostible. É necesario deixar de derrochar máis recursos naturais, territoriais e paisaxísticos.
Esquerda Unida defende un sistema multimodal de transporte no que todos os modos e medios de transporte teñen algunha comisión no conxunto do sistema. A pé, en bicicleta e en tren normal, como modos e medios fundamentais; o resto como complementarios. Hai que ter en conta que a provincia de Lugo contaba no 2008 con 243.286 vehículos a motor. Só na cidade de Lugo existen máis de 62.000 vehículos de motor, dos que 46.231 son automóbiles particulares. A solución só pode vir de fortes investimentos para producir os medios de transporte público colectivo e familiar de mañá, atendendo ás novas necesidades que xa están expostas nas nosas sociedades.
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario