sábado, 8 de agosto de 2009

Congo: Minerales de Guerra



Coincidindo co informe que hai poucos días publicaba a organización Global Witness no que se aseguraba que compañías europeas e asiáticas compran minerais procedentes de República Democrática do Congo (RDC), proporcionando fondos aos grupos armados e alimentando así o conflito, o programa emitido pola 2 de TVE quixo recuperar unha das súas mellores reportaxes: "R.D. Congo: Minerais de guerra".

A República Democrática do Congo converteuse nunha das rexións máis ricas en canto a minerais. No seu territorio atópanse desde os máis comúns aos máis raros e estratéxicos. Sin embargo, precisamente iso converteuse na principal fonte de sufrimento para a súa poboación, e máis en particular no leste do país, nas zonas limítrofes con Ruanda, Uganda e Burundi.

O congoleño Donato Lywando nacido ás beiras do lago Kivu, descubriranos esa realidade tan crúa. Por longos e case intransitables camiños, imos con el ás minas onde se extraen minerais tan cobizados polos mercados internacionais, como a casiterita, o coltán e o ouro. Os dous primeiros moi utilizados para a fabricación de computadores, teléfonos móbiles e outros aparellos eléctricos. A maioría destas minas permanecen baixo o control dos rebeldes e o Exército nacional.

Ao redor destas explotacións, tecéronse longas e complicadas cadeas que van desde as entrañas da mina aos compradores estranxeiros. Nelas, participan a poboación local, cuxo traballo apenas lle dá para sobrevivir, innumerables intermediarios, varios grupos armados e o propio exército congoleño. Canto máis lonxe do tallo, maior é o beneficio e maior a pillaxe.

A explotación mineira mantén e alenta a grupos armados, como a Fronte Democrática de Liberación de Ruanda, que encadra aos Interhamwe, hutus que participaron no xenocidio en Ruanda en 1994, os Mai Mai ou as milicias do Laurent Nkunda, apoiado até a súa detención por Ruanda.

Hai tan só uns días a organización Global Witness publicaba un informe onde aseguraba que compañías europeas e asiáticas compran minerais procedentes de República Democrática do Congo (RDC), proporcionando fondos aos grupos armados e alimentando así o conflito.

Paradoxalmente, os ricos recursos mineiros, até agora, só xeraron pobreza e enormes sufrimentos á poboación congoleña. A maioría sobrevive con menos dun dólar diario e a súa esperanza de vida é de apenas 43 anos. E, no leste, nos Kivus e Ituri, sofren o terror dos grupos armados. Ao redor dun millón fuxiron das súas aldeas e refuxiáronse na selva ou nos numerosos campos de desprazados instalados na zona de Goma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario