lunes, 3 de agosto de 2009

IU rexistra unha iniciativa que denomina "O 1% Forestal".

ADOLFO BARRENA

IU rexistra unha iniciativa que denomina "O 1% Forestal" para dedicar esa porcentaxe da inversión anual a infraestructuras de transporte e comunicación á mellora de bosques e prevención de incendios.
O responsable federal de Sostenibilidade, Enerxía e Transporte, Adolfo Barrena, explica que esta medida “significa unha resposta efectiva e sostible no tempo para facer fronte á falla de prevención que desemboca en ‘veráns negros’ como o actual.

Izquierda Unida rexistrou unha proposición non de lei no Congreso -que denominou como 'o 1% forestal', en analoxía ao xa existente '1% cultural'- pola que insta ao Goberno a que, no marco das súas competencias, estableza que "un importe equivalente ao 1% do investimento público anual en infraestructuras de transporte e comunicación sexa destinado á mellora, coidado, mantemento e incremento dos bosques e masas forestais públicas do país, de xeito territorializado".

Esta iniciativa foi elaborada pola Secretaría de Sostenibilidade, Enerxía e Transporte de IU Federal cuxo responsable, Adolfo Barrena, considera que "pode servir como resposta efectiva e sostible no tempo a unha situación que nas últimas semanas estamos vendo con toda a súa crudeza, como é a falta de prevención suficiente nas masas forestais de boa parte do Estado e as carencias de medios económicos para evitar con antelación 'veráns negros' con profusión de incendios como o que estamos atravesando".

Barrena explica que "o que propoñemos é, sencillamente, que unha porcentaxe do que se dedica á construción de infraestructuras de transporte (estradas, ferrocarril, portos e aeroportos) se destine a financiar traballos de limpeza, mantemento, mellora e ampliación da nosa masa forestal".

"É un mecanismo análogo -detalla- ao que xa funciona para a conservación e mellora do noso patrimonio arquitectónico (o chamado '1% cultural'). Desta forma, pretendemos que as infraestructuras para o transporte conleven estes custos ambientais e contribúan así ao mantemento, recuperación e mellora dos nosos bosques polos indubidables efectos beneficiosos que teñen sobre o medio ambiente e a actividade socioeconómica das zonas afectadas".
A iniciativa, que foi rexistrada xa no Congreso polo portavoz parlamentario de IU, Gaspar Llamazares, trata de paliar tamén, segundo explica Adolfo Barrena, "as demostradas limitacións actualmente existentes na política forestal que desenvolven boa parte das comunidades autónomas e o Estado, centradas únicamente en financiar as actuacións de prevención e de extinción de incendios, con especial fincapé nestas últimas".

O responsable de Sostenibilidad, Enerxía e Transporte de IU reclama un cambio de mentalidade nas administracións competentes para abordar este grave problema. Afirma que "ata agora existe unha limitación dos esforzos en materia forestal porque unha tarefa tan inxente como é a limpeza e mantemento dos bosques e masas forestais finánciase exclusivamente pola vía da subvención. Non hai administración que poida resistirse a recortar precisamente de aí os seus orzamentos, moito máis que os efectos do diñeiro dedicado a iso vese a longo prazo e moi lonxe de calquera horizonte electoral".

Barrena pon un exemplo do que pode supoñer esta medida suscitada por IU recordando que "o PEIT contempla un investimento de case 250.000 millóns de euros en 20 anos; cunha porcentaxe do 1% estariamos falando de 2.500 millóns de euros, é dicir, unha media de 125 millóns de euros anuais, case 21.000 millóns das antigas pesetas".

"Falamos de cantidades que poden ter xa un efecto significativo sobre a calidade dos nosos montes, e iso quere dicir sobre a calidade de vida, sobre o equilibrio territorial do Estado e, especialmente, sobre as nosas zonas rurais. Ademais, supón unha aposta clara pola creación de emprego no medio rural e contribúe a xerar dinamismo económico sobre lugares que teñen no seu territorio e nos seus recursos naturais unha clara alternativa de saída á crise económica que vive o noso país".

No seguinte enlace http://www1.izquierda-unida.es/noticia.php?id=5260 podese consultar a noticia orixinal xunto co texto completo da iniciativa presentada ante a mesa do Congreso dos Diputados.

© 2009. Izquierda Unida Federal. www.izquierda-unida.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario