martes, 18 de agosto de 2009

Esquerda Unida solicita que se deixe de colocar céspede artificial en diferentes zonas da cidade.



A colocación de tepes de herba sintetica que comezou como unha excepcionalidade na Avda. das Américas e baixo o argumento de cuestións técnicas que así o recomendaban, está a converterse nunha práctica habitual na nosa cidade.
Preguntamonos si esta substitución se leva a cabo para garantir unha maior seguridade para os traballadores/as do servizo de Parques e xardins do Concello ou se simplemente se fai por motivos economicos.

A situación non é nova xa que todo se remonta á reforma dos diferentes campos de futbol da cidade: a Cheda, Frigsa (de nova creación), Polvorín, etc... todos eles creados ou reformados con céspede artificial. En todo caso, parecenos que nunha cidade como Lugo, onde a pluviosidade anual nos permite desfrutar de zonas verdes sen recorrer a artificios, se debera facer un esforzo para manter ditas zonas. Pois ben, dos campos de fútbol pasamos ás medianas da Avda das Américas que se crean por mor da reforma que sofre a zona en 2008. A propósito de que se trata dun lugar complicado para o seu mantemento pola estreiteza do mesmo e o volume de tráfico que soporta a zona, non o é menos que outra zona de recente creación como o é a ampliación de Duquesa de Lugo cara a Paraday de Arriba, cuxas medianas, xardíns e rotondas foron creadas integramente en céspede natural.

Á mediana de Avda. Das Américas seguiulle a rotonda ao fondo da Avda. Breogán que une esta con a NVI e a Ponte Nova, e xa máis recentemente unhas tiras de terreo anexas a unha das beirarrúas da Rúa Santiago. Non entendemos por tanto, que criterios técnicos poden aconsellar que unhas rotondas se planten de céspede natural e outras se cubran de alfombras verdes, o mesmo que sucede na Rúa Santiago.

Ante esta situación, que cada vez vemos con máis frecuencia, desde Esquerda Unida solicitamos:
- Que se expliquen cales son os criterios a seguir que determinan, que infraestruturas das mesmas características (rotondas, medianas, etc...), reciban diferente tratamento segundo a zona da cidade que se trate.
- Que as medianas e glorietas que figuran como zonas verdes no borrador do PXOM recentemente aprobado, deixen de estar catalogadas como tal toda vez que sean substituan por artificios.
- Que se deixen de usar materiais sintéticos para simular zonas verdes e que poñamos en valor o clima da nosa cidade que tanto nos axuda e tan fácil nolo pon neste tipo de labouras.
- Que se faga cumprir ou que se revise se é necesario a cuantia e a categoría dos traballos efectuados e o convenio que existe con Calfensa para o mantemento dos parques e xardíns municipais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario