lunes, 16 de noviembre de 2009

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A DESMANTELACIÓN DO EQUIPO TÉCNICO DE LOITA CONTRA CONTAMINACIÓN MARIÑA

ESQUERDA UNIDA AFIRMA QUE, TRAS SETE ANOS TRANSCORRIDOS DENDE A CATÁSTROFE MARÍTIMA DO PRESTIGE, GALIZA CARECE DUN ADECUADO SISTEMA DE RESPOSTA ANTE OUTRA CATÁSTROFE SIMILAR.

ESQUERDA UNIDA, ÚNICA FORZA POLÍTICA PERSOADA NO PROCESO XUDICIAL

O naufraxio do petroleiro Prestige marcou o devir do noso país e uniu ao pobo galego para reclamar que se activasen os mecanismos necesarios para evitar outra catástrofe similar e se depurasen responsabilidades ante a nefasta xestión da crise. Así pois, unha marea humana nunca antes vista no noso pais, invadiu as rúas galegas ao berro de dignidade. As protestas foron canalizadas principalmente desde da Plataforma Nunca Máis na que Esquerda Unida participou activamente desde a súa creación.

Pero sete anos despois da maior catástrofe ecolóxica mariña sufrida na Galiza, as cousas pouco cambiaron. Tanto o goberno bipartito como o actual goberno do PP foron incapaces de artellar os mecanismos necesarios para previr outra catástrofe e facerlle fronte en mellores condicións que fai sete anos, xa que logo, seguimos sen portos refuxio, centros loxísticos nin protocolos de evacuación e sanitarios e, incluso a equipa técnica de coordinación de loita contra contaminación mariña acaba de ser desmantelada, é dicir quedámonos sen técnicos antiverquidos.

Esquerda Unida denuncia o esquecemento informativo e a desidia institucional, xa que logo, na actualidade fican toneladas de chapapote soterradas baixo a area mentres o Prestige segue vertendo, aínda atópanse sen tratar unhas 10.000 toneladas de refugallos acumuladas nas instalacións de Sogarisa nas Somozas. Incluso o proceso xudicial, onde Esquerda Unida é a única forza política persoada na causa, semella eternizarse, neste senso resulta clarificador o intento da fiscalía de exonerar ao único responsable político, o ex Director Xeral da Mariña Mercante José Luis López Sors.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios:

Publicar un comentario