sábado, 7 de noviembre de 2009

ESQUERDA UNIDA ESIXE AO GOBERNO MÁIS DILIXENCIA NAS XESTIÓNS DE CARA A OBTER A INMEDIATA LIBERACIÓN DOS MARIÑEIROS DO ALAKRANA

ESQUERDA UNIDA SOLIDARIZASE COS MARIÑEIROS DO ALAKRANA E OS SEU FAMILIARES

Esquerda Unida considera que o colapso político de Somalia, promovido entre outros pola intervención de EEUU, deixou a sociedade somalí sen Estado. Aproveitando o desgoberno, unha multitude de barcos de pesca europeos, chinos e doutros países, empezou a faenar en augas daquel país, incluídas as súas augas territoriais.

O 10 de decembro de 2008 os ministros de Defensa da Unión Europea aprobaron, segundo a proposta dos gobernos de Francia e España a chamada Operación Atalanta contra a piratería somalí, dando luz verde ao envío de buques de guerra, baixo o pretexto de “garantir a seguridade” no golfo de Adén co mandato de vixiar as costas de Somalia, “incluídas as súas augas territoriais”.

Atopámonos pois ante un novo colonialismo derivado da crise de recursos naturais, particularmente alimentarios mariños. As flotas pesqueiras dos países ricos, compostas por buques con capacidade para moverse por todos os mares do mundo, esquilman un caladoiro tras outro.

Dende EU entendemos que a solución deste problema comezan pola adopción de medidas no noso propio país, xa que logo, debemos xestionar correctamente os nosos ecosistemas mariños para recuperalos do dano que lles infrinximos. Esquerda Unida propón a adopción de medidas que permitan a sostenibilidade pesqueira que sen dúbida posibilitará que os nosos mariñeiros non teñan que percorrer o mundo enteiro para atopar a súa fonte de ingresos.

Sen embargo o goberno de PSOE, co respaldo do PP e nacionalistas optou irresponsablemente por remar no sentido contrario, recorrendo á opción militar que non fai máis que aumentar a espiral de violencia, empeorando a situación dos nosos traballadores e traballadoras do mar, que non teñen a culpa destas políticas neocoloniais.

Esquerda Unida quere expresa a súa total e absoluta solidariedade cos mariñeiros secuestrados e cos seus familiares.

Gabinete de Prensa

Secretaría de Comunicación

Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios:

Publicar un comentario