jueves, 5 de noviembre de 2009

ESQUERDA UNIDA FAI UN CHAMAMENTO AOS PARADOS E PARADAS E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS PARA QUE SE MOVILICEN

EU CONSIDERA OS ULTIMOS DATOS DO PARO COMO SITUACIÓN DE ALTO RISCO CONSECUENCIA DA INOPERANCIA DO PP E A HERDANZA DO BIPARTITO

O responsable da Area de Economía e Traballo da Executiva Nacional de Esquerda Unida, Xosé Henrique González Lago, cualifica os últimos datos do paro como situación de alto risco, os agora mais de 208.923 parados en Galicia segundo o INEM son en realidade mais de 233.339 dado que hai que contar os traballadores e traballadoras que están nos cursos de formación. Estes datos veñen a confirmar as previsións da EUROSTAT (oficina comunitaria de estatística) nas que sitúa a España como o último pais en saír da crise, xa que logo, un de cada cinco parados da Unión Europea é Español.

Para EU estes datos son o reflexo da inoperancia do PP na Galiza e da herdanza do bipartito na que as súas políticas neoliberais non fixeron mais que engordar as listaxes do INEM, poñendo aos traballadores e traballadoras nunha situación desesperada.

Esquerda Unida considera que a saída de crise pasa ineludiblemente por unha aposta decidida na creación de plans de emprego onde o sector de servicios públicos debe xogar un papel determinante.

O que hai un ano era o pais onde mais emprego se creaba pasou a ser onde mais se destrúe producto das reformas laborais onde o PSOE e PP defenderon os intereses do capitalismo con concesións nos novos contratos lixo, rebaixas no despido, creacións de ETT´S, privatizacións de servizos públicos, concertacións, non supervisión nos ERES, subvencións a banca privada, permisividade no urbanismo e un longo etc.

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento a tódolos parados e paradas a organizarse e mobilizarse para esixir a clase política políticas que verdadeiramente creen emprego digo, freen a perdida de postos de traballo e retomen a vía da creación de empresas publicas.
Así mesmo facemos unha chamada as organizacións sindicais para que se mobilicen e deixen de escribir cartas os reis magos, xa que os traballadores e traballadoras necesitan solucións a corto prazo, máis aló de subsistir a base de subvencións. EU invita as centrais sindicais a incluír nas súas propostas a xornada das 35 horas sen reducción salarial e a eliminación das horas extras.

¡¡Por un traballo pleno e digno!!

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
ESQUERDA UNIDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario