miércoles, 23 de diciembre de 2009

ESQUERDA UNIDA APOIARÁ AS MOBILIZACIÓNS QUE AGRICULTORES E GANDEIROS GALEGOS LEVEN A CABO FRONTE A MAIOR DAS CRISES DO SECTOR

EU CHAMA A CIDADANÍA PARA QUE ACUDA MASIVAMENTE AS PRÓXIMAS CONVOCATORIAS DE MERCADOS TRANSPARENTES

ESQUERDA UNIDA SAÚDA A INICIATIVA LEVADA A CABO POLOS LABREGOS DO SECTOR DA PATACA CO APOIO DO SINDICATO LABREGO GALEGO

Os mercados transparentes son espazos nos que os consumidores e consumidoras, poden adquirir produtos ao prezo que se lle paga ao produtor, o que permite a cidadanía ser conscientes do escandaloso marxe do 1500% con que traballa o sector da distribución, un marxe que se pode considerar de auténtica usura sobre a cidadanía.

Esquerda Unida ven de denunciar as condicións de extorsión que o sector da distribución pretende aplicar aos produtores e produtoras na Galiza, no caso da pataca o pretendido prezo de compra (0,04 €/Kg.) e tres veces inferior ao prezo medio de custe de produción (0,12 €/Kg.). Para EU ditas condicións son inaceptables pois supoñen a ruína do sector produtivo, xa que logo, non poderán pagar os custos da vindeira campaña.

Así pois, Esquerda Unida saúda a iniciativa dos mercados transparentes porque considera que a fórmula, ademais de servir como ferramenta de presión cara ao sector da distribución, permitirá a labregos e labregas dar saída a milleiros de toneladas de patacas que logo comezará a agromar impedindo a súa comercialización en menos de dous meses.

Facemos nosa a reclamación ao Goberno galego do Sindicato Labrego Galego, para que traballe por solucionar esta situación a través de convenios ou accións de promoción que insten a cesar esta extorsión a produtores e produtoras. Propoñemos tamén unha regulación do mercado e das marxes comercias que impida a extorsión e usura a que unha vez máis o libre mercado nos somete.

Para Esquerda Unida, a falta de rendibilidade das explotacións agrícolas e gandeiras e unha clara mostra da profunda crise do sistema económico capitalista. Todos os sectores agrarios están en crise, xa que logo, o comportamento oligopolista da gran distribución comercial, que especula con un ben de primeira necesidade, forza a unha enorme redución de prezos en orixe que non se traslada aos prezos finais que pagamos consumidores.

A renda agraria diminuíu o 26% na último lustro, os custes de produción aumentaron nun 34% e perdéronse 124.000 empregos no sector. No último ano os prezos en orixe baixaron escandalosamente, tanto no sector agrario como gandeiro, por exemplo un 47,9% para as patacas o un 27,5% no caso do leite).

O impulso da agricultura e a gandería é para Esquerda Unida o factor esencial para conquerir un novo modelo produtivo sostible que permita ao noso pais saír da crise, xa que logo, a defensa da soberanía alimentaria e da pequena explotación familiar agraria constitúen os eixos fundamentais dunha nova economía sostible tanto no social como no mediomabiental.

Dende Esquerda Unida propoñemos prezos xustos en orixe, apoio financeiro ao sector, política agraria común adecuada as necesidades do sector, así como a definición de medidas que faciliten o transito a prol dunha agricultura respectuosa co medio ambiente e un Plan de apoio a un novo modelo coopertivista que devolva a dignidade e a capacidade económica ao agro.

Gabinete de Prensa

Secretaría de Comunicación

Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios:

Publicar un comentario