miércoles, 16 de diciembre de 2009

ESQUERDA UNIDA PRESENTOU NO CONCELLO UNHA MOCIÓN EN SOLIDARIEDADE CON AMINATOU HAIDAR


Esquerda Unida presentou unha moción no Concello de Lugo en solidariedade con Aminatou Haidar, activista saharaui que hoxe cumple 30 días en folga de fame no aeroporto de Lanzarote pola prohibición por parte das autoridades marroquís de reunirse coa súa familia.
Esquerda Unida pretende que o Concello de Lugo se posicione neste tema de trascendencia, onde unha vida corre perigo por defender os dereitos humanos. Hai que lembrar que o pasado día 14 de decembro se celebrou un pleno do Concello sen que ningún partido mencionase dito asunto, e por iso Esquerda Unida pretende que a súa moción se discuta no Pleno do vindeiro 28 de decembro. Hai que lembrar que, por exemplo, se ten discutido hai meses unha moción presentada polo PP en defensa dos dereitos humanos en China que contou co acordo dos tres grupos municipais unha vez transaccionada. Con moito máis motivo debe posicionarse o Concello sobre un tema que atañe directamente áo noso país e nunha situación límite para a vida dunha persoa.
En concreto, Esquerda Unida solicita do Pleno do Concello que se tomen os seguintes acordos:

1.- Denunciar a sistemática violación dos dereitos humanos por parte do goberno marroquí nos territorios ocupados do Sahara Occidental.

2.- Condenar a expulsión inxustificada do Sahara Occidental da activista polos dereitos humanos e o recoñecemento do Sahara Occidental, Aminetou Haidar e a retirada da súa documentación por parte das autoridades marroquís.

3.- Condenar a complicidade das autoridades españolas na retención ilegal de Aminetou Haidar vulnerando os seus dereitos humanos e a propia lexislación en materia de entrada en territorio español e impedindo o retorno ó seu país.

4.- Solicitar que se restitúa inmediatamente o dereito de Aminetou Haidar a regresar ó seu país, o Sahara Occidental, con todas as garantías para a súa integridade persoal e a recuperación da súa documentación.

5.- Transmitir a nosa solidariedade e apoio a Aminetou Haidar.

6.- Que os acordos sexan enviados á Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharaui, ao goberno do Estado Español e a embaixada de Marrocos en España.


Ver MOCIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario