sábado, 26 de diciembre de 2009

ESQUERDA UNIDA PROPÓN QUE OS SALARIOS DOS CONCELLEIROS SE REDUZAN NUN MÍNIMO DO 12%



Ademais da eliminación dos delegados non electos e a redución nun 50% do persoal de confianza

Esquerda Unida realizou a valoración dos orzamentos municipais 2010 e presentou as súas propostas, que veñen a complementar as presentadas a finais de outubro para conseguir unhas ordenanzas fiscais máis progresivas e solidarias. O Pleno do Concello celébrase o luns 28 de decembro ás 17:00 horas.

Carlos Portomeñe destacou que estes son os primeiros orzamentos do Concello de Lugo nos que terá clara repercusión a crise dun modelo baseado na especulación urbanística e na política "do ladrillo". "Os/as lucenses teñen que pagar a débeda polo precio excesivo da súa vivenda, perderon calidade de vida pola destrucción do seu entorno e agora perderán servizos municipais" debido a esa política especulativa.

Aínda así, prevense uns ingresos totais nos orzamentos para 2010 de 91.696.726 euros, unha cantidade que permite unha marxe suficiente para unha maior inversión en servicios sociais e un reparto equitativo e solidario para a maioría social.

Sen embargo, os orzamentos están máis pensados en prolongar un reparto inxusto dos ingresos municipais que nun reparto equitativo das partidas orzamentarias. Así, as partidas destinadas aos salarios da corporación e o persoal de confianza contrastan coas partidas destinadas a servicios sociais.

Por elo, Esquerda Unida propón as seguintes medidas concretas, entre outras:

- Rebaixar os salarios dos concelleiros/as e as indemnizacións por asistencia a Pleno e a Comisións un mínimo dun 12% (descenso dos orzamentos respecto aos de 2009). Neste sentido Portomeñe sinalou que "o alcalde ten en plantillla aos concelleiros da oposición" polos desorbitados salarios que recibe toda a Corporación.

- Eliminar a figura dos tres delegados non electos existentes na actualidade: Urbanismo, Policía local e Novas Tecnoloxías.

- Reducir o personal de confianza dos 18 existentes na actualidade nun mínimo do 50%, en todo caso aos estrictamente necesarios para o funcionamento dos grupos municipais.

- Destinar a cantidade aforrada para a partida de servicios sociais, e en concreto para axudas a domicilio e atención á dependencia, servicios que no ano 2009 se viron desbordadas pola demanda.

Por último, EU considera que a solución da arbitrariedade dos orzamentos municipais no Concello de Lugo Concello pasa por aplicar os orzamentos participativos. Neste sentido, Portomeñe destacou que "EU o único partido coherente que leva á práctica o seu programa", sendo pioneiros no Concello de Ferrol no deseño e aplicación dos orzamentos participativos en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario