lunes, 14 de diciembre de 2009

ESQUERDA UNIDA ESTÁ A PRESENTAR MOCIONS NOS CONCELLOS GALEGOS EN SOLIDARIDADE CON AMINATOU HAIDAR E A CAUSA SAHARAUI


EU SOLICITA AO GOBERNO QUE ACTÚE CON VALENTÍA E VONTADE PARA ACADAR A VOLTA DE AMINATOU HAIDAR A SÚA PATRIA E QUE TRABALLE DE VERDADE POLA CONSECUCIÓN DA LIBERDADE DO POBO SAHARAUI

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A SISTEMÁTICA VIOLACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS POR PARTE DO GOBERNO MARROQUÍ NOS TERRITORIOS OCUPADOS DO SAHARA OCCIDENTAL

Esquerda Unida está a presentar mocións nos concellos galegos en solidaridade con Aminatou Haidar e a causa saharauí. A valentía da activista saharaui está poñendo no tapete mediático, e quizais por primeira vez de forma seria, o papel de España e dos seus gobernos democráticos desde a Transición no tocante á relación con Marrocos e co Sahara.

Esquerda Unida xa ten alertado da hipocrisía do goberno Zapatero quen se permite realizar acordos armamentísticos cun país que reprime aos activistas políticos e sociais e que mantén á poboación saharaui nunha situación insostible, só paliada pola férrea vontade de resistir con dignidade, da que Aminatou dá boas probas, e polo apoio incondicional da nosa organización e diversas asociacións que defenden a causa saharaui e a súa autodeterminación.

Esquerda Unida denuncia que os dereitos humanos, no caso de Aminatou, están a ser esnaquizados en nome da diplomacia. O goberno Zapatero xa asinou a restrición da Xustiza Universal e o endurecemento da Lei de Estranxeiría, nun claro viraxe antisocial, situación que senón se pon freo, facilitará a cristalización dunha sociedade racista e homófoba como xa acontece en moitos países europeos. Precisamente, neste caso, a inmigración está moi presente nas malas decisións que adopta España: Europa e España desexan converter en socio preferente da UE a Marrocos, para así, e de forma definitiva, lexitimar o seu papel de xendarme migratorio de Europa e de España.

Esquerda Unida solicita ao goberno do PSOE, que se di reformista e a prol dos dereitos humanos, que actúe con valentía e vontade para traballar pola consecución da liberdade do pobo saharauí, tal e como mandata a resolución da ONU, incumprida sistematicamente ate o de agora.

Ver MOCIÓN

Gabinete de Prensa

Secretaría de Comunicación

Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios:

Publicar un comentario