miércoles, 12 de diciembre de 2012

Paremos a LOMCE


EU chama a participar nas mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público para mañá xoves día 13 contra a  Ley Orgánica de Modificación da Calidade da Educación (LOMCE)
Concentración en Lugo: ás 19:00 horas,  no Multiusos da Xunta de Galicia (rolda da Muralla)

PAREMOS A LOMCE!
O anteproxecto da LOMCE é a culminación abrupta dun proxecto ideolóxico tecnocrático, mercantilista, ultraliberal, retrógrado, recentralizador, segregador, confesional e contrario aos valores democráticos. Sabemos moi ben que é a educación para a dereita:
1. Un proceso de selección de man de obra barata.
2. Unha carreira de obstáculos que incide na desigualdade de oportunidades, e onde "talento" se converte en "capacidade para competir", e onde "flexibilidade" significa "capacidade para aceptar a inestabilidade de por vida".
3. Un proceso onde se priman a fe e a superstición fronte a ciencia e o pensamento en valores cívicos.
4. Un proceso recentralizador en que as linguas nacionais son tratadas con desprezo como expresións lingüísticas, culturais e identitarias dos pobos que conforman a pluralidade nacional do estado español.
5. Un proceso de degradación en tanto que servizo público, mentres se acelera a súa privatización e se permite a segregación por sexos…e todo con diñeiro público!
6. A xustificación para establecer centros de primeira, de segunda e terceira categoría empregando o argumento empresarial da "rendición de contas". Nunca os resultados académicos, collidos en solitario (avaliacións externas), servirán para explicitar se o traballo da comunidade educativa se realiza de forma responsable ou non.
7. A "rendición de contas" non servirá para explicar as causas do "abandono e do fracaso escolar" e procurarlle solucións mentres se recortan recursos materiais e se reducen as plantillas docentes. Detrás das cualificacións numéricas hai procesos sociais, causas económicas e culturais, hai contextos.
8. Trasladan a un contexto totalmente diferente os principios empresariais da FP Dual xermana, e anticipamos desde xa as consecuencias negativas que terá para os futuros traballadores e traballadoras en materia de condicións laborais.
Ademais, da segunda versión da perversión educativa de Wert, destacamos que:
? A lingua galega perde a súa troncalidade, convértese en "de especialidade", e non aparece como avaliable nin na avaliación final de secundaria, nin na de Bacharelato. Seguen coa súa galegofobia lingüística.
? A relixión convértese en protagonista de LOMCE. Será de obrigado cumprimento para todo o estudantado desde E.P. até 4º ESO en detrimento, ao longo das dúas etapas, de materias como Educación Plástica e Visual, 2ª lingua estranxeira, Música, Tecnoloxía ou Filosofía.
? Cárganse Educación para a Cidadanía mentres introducen como "específica" Iniciación Actividade Emprendedora e Empresarial...desde 1º ESO (!).
? A dirección adquire poderes empresariais para seleccionar o persoal docente interino segundo criterios afastados da claridade, da transparencia, do mérito e da capacidade.
POR UNA EDUCACIÓN PÚBLICA, LAICA, DE CALIDADE E DEMOCRÁTICA
NON Á LOMCE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario