lunes, 18 de marzo de 2013

BASE DE DRONES EN ROZAS



AGE DENUNCIA O ESTABLECEMENTO DUNHA BASE INTERNACIONAL DE PROBAS DE DRONES NO AERÓDROMO DE ROZAS

O Aeródromo Lucense podería converterse nunha das cinco bases que a OTAN ten previsto establecer en Europa
EU presentou no Congreso dos Deputados varias preguntas dirixidas ao goberno de Rajoy
AGE convoca unha Asamblea Informativa Aberta o vindeiro xoves 21 ás 20:00 horas
Dende hai varios anos vense realizando un seguimento das noticiasque situaban a Galicia como o lugar escollido para establecer unha das cinco bases de Drones que a OTAN ten previsto instalar en Europa.
Nun primeiro momento todo parecía apuntar a que sería a zona de Trasmiras en Ourense a elixida para establecer a mencionada base de Drones, un lugar que mesmo contaba co apoio do Partido Popular, PSdeG e BNG naquel entón.
Mais axiña se empezou a falar de Lugo e o Aeródromo de Rozas en Castro de Rei como outra das opcións viables para o establecemento da base internacional de drones, eufemisticamente chamados avións non tripulados, á vez que quedaba evidenciada a paralización do proxecto de Trasmiras.
En Marzo de 2011, coñeciamos do inicio de probas por parte do Ministerio de Defensa para empregar o Aeródromo de Rozas como base de avións espía do programa da multinacional EADS, unha das mais importantes en fabricación e venda de armamento militar a nivel mundial.
Xa en 2013, no pasado mes de Febreiro, alzaba o voo en Rozas o Proxecto “ATLANTE”, un avión espía non tripulado fabricado pola Empresa Cassidian, pertencente ó Grupo multinacional de fabricación de armamento EADS. Cabe salientar que no consello de administración da empresa EADS figura Josep Piqué, quen fora Ministro de Exteriores do Goberno de Aznar, e exerceu como alto executivo o actual Ministro de Defensa Pedro Morenés.
O “ATLANTE” é definido pola empresa Cassidian como o “primeiro avión non tripulado táctico capaz de realizar misións tanto civís como militares”. Trátase, polo tanto, dun avión non tripulado dos chamado “drones”, tristemente celebres por practicar masacres e asasinatos a civís e militares nos principais escenarios de guerra do planeta, actuando impunemente nos principais conflitos bélicos como os de Pakistán, Yemen, Irak, Somalia, Afganistán, Palestina...
Por estes e outros motivos as bases de drones son, ademais, destacados obxectivos militares e terroristas polo seu alto valor militar e estratéxico, o que supón un risco máis que evidente para a cidadanía que se atope no seu contorno, neste caso os cidadáns da comarca de Lugo.  Ademais de causar anualmente miles de vidas, moitos dos seus usos constitúen unha invasión da privacidade e un ataque ás liberdades civís da cidadanía.
EU presentou hoxe mesmo no Congreso dos Deputados, varias preguntas ao Goberno central para que aclare os termos do convenio asinado co Ministerio de Defensa, A Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Castro de Rei e o Real Aeroclube e reclamará a través do Grupo Parlamentar de AGE, a intervención do Goberno da Xunta para que esixa a paralización das probas experimentais con avións non tripulados ou drones mentres non se realicen as correspondentes aclaracións á cidadanía.
AGE considera obsceno que se pretendan invertir 25 millóns de euros en habilitar o aeródromo de Rozas para base de avións non tripulados cando se negan fondos para dotar ao HULA de servizo de hemodinámica, radioterapia e mediciña nuclear. ¿Por que se invirte en quitar vidas e se recorta en medios para salvalas?
AGE convoca aos colectivos, organizacións e persoas a título individual, á cidadanía en xeral, a participar na ASEMBLEA INFORMATIVA ABERTA que se celebrará o vindeiro xoves 21 de marzo ás 20:00 horas. En dita Asemblea se dará puntual información sobre o asunto e se estudiarán posibles mobilizacións.

1 comentario:

  1. Drones non...e fábrica de Armas si...haber si vos aclarades home!


    http://www.europapress.es/galicia/noticia-age-exige-xunta-pelee-madrid-defensa-empleos-fabrica-armas-coruna-20130315111649.html

    ResponderEliminar