EU DENUNCIA A FALLA DE COMPROMISO COA IGUALDADE QUE DEMOSTRA O RUEIRO LUCENSE
Propón as rúas Pasionaria, Igualdade e un amplo listado de mulleres destacadas
Só un 2,8% das rúas lucenses levan nome de mulleres, incluíndo santas e virxes
Candidatura ás eleccións de 1933 pola provincia de Lugo
A Comisión municipal do rueiro de Lugo decidiu modificar os nomes de varias rúas de Lugo actualmente adicadas a persoas vinculadas ao Réxime franquista, en cumprimento da chamada "Lei de Memoria Histórica". Os nove nomes propostos para sustituir aos anteriores son Raimundo de Borgoña, Manuel Fraga, Luis Cordeiro, Adolfo Suárez, Avelino Pousa Antelo, Mártires de Carral, Isaac Díaz Pardo, Lois Peña Novo e Xaquín Lorenzo.
Máis aló da controversia que poda xenerar algún destes nomes, é preciso destacar que na lista proposta non está incluído ningún nome de muller.
O rueiro de Lugo ten un claro déficit de rúas adicadas a mulleres, feito que simboliza a discriminación histórica cara as mulleres e as súas aportacións. Das 642 rúas, avenidas e prazas da cidade de Lugo, tan só 18 teñen nome de muller, un 2,8%. Se ademais descontamos as rúas que teñen nomes de virxes ou santas ,a porcentaxe sería sensiblemente inferior. Estas cifras indican que a cidade de Lugo está moi por debaixo da porcentaxe media de todo o estado en canto as rúas con nome de muller e que según un estudio realizado no ano 2007, se sitúa nun 5%. A devandita escasez do noso rueiro non recoñece a importancia social, cultural, científica e histórica das mulleres. Esquerda Unida considera obrigado facer un esforzo pola posta en valor da figura de mulleres relevantes da nosa historia, de xeito que se camiñe cara unha efectiva igualdade de xénero, reflectida tamén nos rueiros das nosas vilas e cidades.
Ademais, as propostas da Comisión municipal do rueiro reservan dentro da xerarquía urbanística os nomes das rúas principais para varóns, non incluindo ningún nome feminino. Mulleres como María Casares ou Mercedes Núñez, Victoria Kent, Margarita Nelken, María Zambrano, María Teresa León, Zenobia Camprubí, María Goyri, María Blanchar, María de Maeztu, Margarita Xirgu, Marie Curie, Simone de Beauvoir, e un longo etcétera de mulleres destacadas no mundo da cultura, da ciencia, da filosofía, da arte, ou comprometidas coa causa da muller carecen de rúas adicadas á súa persoa, obviando a súa función didáctica en materia de igualdade para as xeracións presentes e futuras. De feito, EU considera que unha das rúas principais da cidade debera denominarse Rúa da Igualdade.
De igual xeito, a proposta carece do máis mínimo respecto ao pluralismo político e social. Xa que logo, EU propón adicar unha das nove rúas de Lugo con nomes de personaxes franquistas a unha das persoas máis emblemáticas, famosas e destacadas do século XX; a unha muller que foi quen de sobresair nun mundo concebido por homes e para homes; unha loitadora antifascista que foi exemplo mundial de combatividade e loita: Dolores Ibárruri, Pasionaria. Durante décadas, as mulleres que destacaron pola súa personalidade, compromiso e decisión foron alcumadas Pasionaria por comparación con ela. En 2014 cúmprense 25 anos do pasamento dunha muller que en 1933 figurou na candidatura do PCE pola provincia de Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario