O
pasado dia 11 de Xuño, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade e a
proposta do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, unha
Proposición non de Lei na que se resolve que "O Parlamento de Galicia
insta á Xunta de Galicia a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que
ningún neno ou nena careza de alimentación ou sustento necesario por estar en
situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios cos concellos
interesados, podéndose usar as instalacións dos centros educativos en
colaboración cos servizos publicos de benestar" .
O
curso escolar, nos seus niveis obrigatorios, remata o dia 20 de xuño e moitas
familias do concello de Lugo, non saben como poder garantir unha axeitada
alimentación para os seus fillos e fillas nos dous meses non lectivos, diante
da grave situación socioeconómica pola que están a atravesar.
Segundo os últimos datos
ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística, case a metade das
familias do Concello de Lugo, o 47,38% do total, chegan a final de mes con
dificultades. O risco de exclusión social afecta xa a 17.000 habitantes da
cidade de Lugo. O 14 % das familias lucenses sofren importantes carencias
materiais como non poder comer peixe ou carne cada dous días, non poder manter
a casa a unha temperatura axeitada, non ter capacidade para facer fronte a
gastos imprevistos, ten atrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda
principal (aluguer, hipoteca, electricidade, gas, comunidade...). Neste
contexto son os nenos e as nenas da nosa cidade os que sofren as peores
consecuencias desta situación.
UNICEF
alertou de que o 20,1% dos nenos e nenas viven por debaixo do umbral da pobreza
en Galicia, un dato que extrapolado a cidade de Lugo implicaria que mais de
2.000 menores vivan nesta situación.
Por
todos estes motivos, Esquerda Unida Lugo presentou hoxe unha moción para que o
Pleno do Concello de Lugo inste ao Goberno da Xunta de Galicia a poñer en
marcha os mecanismos necesarios para ofrecer o servizo de comedor durante as
vacacións nos centros educativos precisos no Concello de Lugo e dar así
cumprimento ó acordo plenario unanime acadado no Parlamento de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario