martes, 9 de diciembre de 2014

ESQUERDA UNIDA ESIXE AS CERTIFICACIÓNS LEGAIS NECESARIAS PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS CON DRONES NOS CINCO CONCELLOS AFECTADOS POLAS SERVIDUMES AERONÁUTICAS DE ROZAS

EU-Lugo presentou mocións nos concellos de Castro de Rei, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Pol e Lugo afectados polas probas con drones.

O coordinador de Esquerda Unida Lugo Ramón Vázquez e o responsable de política local, Carlos Portomeñe, presentaron hoxe de xeito simultáneo, mocións nos cinco concellos afectados polas servidumes aeronáuticas do aeródromo de Rozas, reguladas polo Decreto 584/1972 e publicadas pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea, no listado no que se establecen as zonas afectadas polo radio de acción das pistas desta instalación dependente do Ministerio de Defensa.


Concretamente, os dous representantes de Esquerda Unida, rexistraron sendas mocións nos Concellos de Pol, A Pastoriza, Castro de Rei, Outeiro de Rei e Lugo, para que os plenos destas corporacións, insten ao Goberno Galego a aportar todas as certificacións necesarias en materia de seguridade para o emprego de drones no espazo aéreo da contorna, incluíndo as correspondentes da Axencia Estatal de Seguridade Aérea e da Axencia Europea de Seguridade Aérea, como a solicitude de cambio de usos do aeródromo, o rexistro de xestión de riscos ou os boletíns NOTAM entre outras, para as probas realizadas ata o momento con este tipo de aparellos.
As mocións presentadas exíxenlle tamén ao Goberno Galego que demande do Goberno do Estado a inmediata paralización das probas con Drones no aeródromo de Rozas pola súa afectación ós cinco concellos citados.
De feito en Rozas levantou xa o voo o “ATLANTE”, un avión non tripulado fabricado pola Empresa Cassidian, pertencente a multinacional EADS, o consorcio europeo líder mundial en venda de armamento, atópase nestes intres en proceso de artillaxe ou dotación de armamento, unha fase na que participa a empresa MBDA, líder mundial na fabricación de mísiles.
Ademais, no pasado Debate do Estado da Nación, celebrado o día 7 de outubro, o Presidente do Goberno Galego anunciou un investimento de 10 millóns de euros para adaptar as instalacións do aeródromo de Rozas e convertelo nunha base para drones.
Para EU-Lugo,os veciños dos concellos afectados por estas instalacións, teñen dereito a saber a verdade e a estar informados sobre as consecuencias das probas con drones nas súas vilas e pobos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario