O Coordinador
Comarcal de Esquerda Unida, Ramón Vázquez e o Candidato de EU,
Carlos Portomeñe, fixeron hoxe declaracións para denunciar o
emprego de recursos e instalacións públicas no inicio de campaña
do candidato á alcaldía, López Orozco.
Para Ramón Vázquez “resulta absolutamente inadmisible que os veciños e veciñas paguen sendos anuncios a toda páxina na prensa escrita de hoxe, con anuncios sobre un programa de emprego e outro de ocio e formación, o mesmo día que o actual alcalde fai a presentación pública da súa candidatura”. O coordinador comarcal afirmou ademais que “imos demandar, a través dunha moción, que se faga público o custe dos anuncios publicados e esixir que o señor Orozco se pague a campaña cos recursos do seu partido e non co diñeiro da cidadanía”

Pola súa banda o candidato de EU para as
vindeiras eleccións municipais, Carlos Portomeñe., fixo unha
valoración da presentación oficial da candidatura de López Orozco
realizada hoxe. En verbas de Portomeñe
“resulta todo un símbolo da candidatura de Orozco que se tivera
presentado no MIHL, unha construción faraónica de mais de 10
millóns de euros, que ten 25 visitantes diarios segundo os datos
oficiais, que sofre inundacións e precisa bombas de achique”.
Portomeñe afirmou que “EU quere saber
se o resto das organización políticas da cidade, van ter a súa
disposición as instalación culturais do concello para actos
políticos e criticou a dificultade que teñen as organizacións
sociais e as asociación culturais para contar con salas e
instalacións, mentres o señor Alcalde se reserva un museo municipal
para presentar a súa candidatura”.
O candidato de EU rematou afirmando que "o
señor Orozco ten iniciado unha precampaña electoral ao mais puro
estilo cacique, empregando a publicidade institucional no seu propio
beneficio, facendo visitas ás obras e anunciando inauguracións
como a realizada este mércores na Ponte de Paradai e poñendo a súa
disposición as instalacións publicas”
para rematar afirmando que “a
maquinaria institucional e clientelar para a campaña electoral de
Orozco xa está en marcha, pero non lle vai a servir para manterse no
poder”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario