lunes, 11 de mayo de 2015
martes, 9 de octubre de 2012
viernes, 4 de noviembre de 2011
Esquerda Unida / Os Verdes presenta as candidaturas para as eleccións xerais 2011
Esquerda Unida presentou nunha rolda de prensa ás súas candidaturas para as eleccións xerais do 20 de novembro.
O candidato de EU ao Congreso, Ramón Vázquez, destacou na súa intervención a necesidade de xerar alternativas, e destacou que ista non vai ser unha campaña ao uso, buscarase converxer coa cidadanía «con actos onde a xente poida falar e nós, escoitar». Asemade asegurou que Esquerda Unida preséntase coma «como unha forza emerxente e alternativa» como demostran os últimos resultados electorais.
Na sede de Esquerda Unida en Lugo, presentación da candidatura de EU/V (Esquerda Unida/ Os Verdes) ao Congreso e ao Senado pola Provincia de Lugo. Na presentación estiveron presentes o cabeza de lista ao Congreso, Ramón Vázquez Díaz, o cabeza de lista ao Senado, José Luis López Álvarez, e a nº2 ao Congreso, Isabel Sánchez Corral.
sábado, 14 de mayo de 2011
EU PROPÓN POTENCIAR A PRAZA DE ABASTOS E ESTABLECER UNHA REDE DE MERCADOS NOS BARRIOS
Os candidatos e candidatas de Esquerda Unida visitaron hoxe o mercadiño de Frigsa e a Praza de Abastos aproveitando o día de mercado.
Esquerda Unida propón no seu programa a potenciación da Praza de Abastos e o establecemento dunha rede de mercados nos barrios como unha vía importante de desenvolvemento agrícola no municipio. Portomeñe lembrou a importante demanda que está a ter a iniciativa de hortos que a Federación de Veciños xestiona no río Rato, e sinalou que unha iniciativa ben planificada pode supor a creación de emprego e unha importante fonte de recursos para o municipio. Nese sentido lembrou que "Lugo dispón dunha contorna rural inusual en moitas grandes urbes galegas que pode ser aproveitada para iniciativas agrícolas e forestais de futuro no canto de destruílas e degradalas para entregalas ao sector do ladrillo". O PXOM, continuou, contempla a desaparición dunha parte importante da superficie rústica lucensepara construir urbanizables que só benefician a catro especuladores".
EU defende potenciar o modelo dos mercados de produtores fronte ao actual modelo de mercado de intermediarios e a produción e consumo de produtos naturais ecolóxicos e a agricultura ecolóxica e de proximidade. En canto ao fomento da e desenvolvemento da agricultura ecolóxica, suporía unha importante saída para o sector investindo en formación, recuperando variedades, canles curtas de comercialización e todo tipo de accións que faciliten a explotación sustentable da terra no municipio. O obxectivo é fomentar o pequeno comercio local como forma de manter a cohesión social, especialmente nos centros da cidade e os barrios, fronte as grandes superficies comerciais. Lugo é a cidade con máis metros cadrados de superficie comercial por habitante (aos centros de As Termas e Carrefour hai que sumarlle o novo centro comercial de Abella).
Outra proposta de EU consiste en recuperar aqueles sectores económicos en risco de desaparecer ou que se extinguiron como actividade produtiva. En moitos casos, constitúen unha aposta económica viable, dando prioridade aos sectores primarios e manufactureiros. Polo tanto, é preciso facilitar a instalación de empresas de transformación dos produtos autóctonos sustentables, contribuíndo á súa revalorización mediante cláusulas de bonificación e/ou axudas directas.