O
deputado de Alternativa Galega de Esquerda Ramón Vázquez esixiu
hoxe explicacións ao Goberno Galego polas manobras militares
realizadas polo Grupo de Intervención Rapida da OTAN realizadas no
Campamento Militar de Parga, nas que interviñeron 6 batallons de 6
paises diferentes coa finalidade de "planificar operacións de
alta intensidade, integrando as diferentes funcións de combate" segundo o propio Ministerio de Defensa.
As
manobras Azor Lineage da unidade da OTAN VJTF constitúense nuns exercicios preparatorios das operacións previstas na fronteira Rusa para o
vindeiro mes de Xuño.
As
manobras realizáronse nun espazo e nunhas instalacións non
concibidas para este fin, froito dunha "doazón forzosa"
de monte comunal realizado durante a ditadura franquista polos
veciños da zona. As operacións militares leváronse a cabo a
escasos 300 metros das vivendas e provocaron serios destrozos nos
camiños e terreos veciñais coa maquinaria militar pesada.
O
Deputado de AGE denunciou o proceso de remilitarización da Terra
Cha, convertendo esta zona nunha area de especial valor estratéxico
pra o o control da Cornixa Atlántica por parte da OTAN.
Ramón
Vázquez advertiu ó Vicepresidente do Goberno Galego Alfonso Rueda,
das consecuencias que conleva implicar a Galicia nunha 2ª Guerra
Fría no que a OTAN, está a preparar un coctel explosivo
mesturando a ameaza yihadista, a crise dos refuxiados, o control das
fronteiras, a guerra de Ucraína e os conflitos de Oriente Próximo e
Africa.
*Premer encima das pantalla para ver os videos das intervencións
