Mostrando entradas con la etiqueta ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2012. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de diciembre de 2014

ESQUERDA UNIDA ESIXE AS CERTIFICACIÓNS LEGAIS NECESARIAS PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS CON DRONES NOS CINCO CONCELLOS AFECTADOS POLAS SERVIDUMES AERONÁUTICAS DE ROZAS

EU-Lugo presentou mocións nos concellos de Castro de Rei, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Pol e Lugo afectados polas probas con drones.

O coordinador de Esquerda Unida Lugo Ramón Vázquez e o responsable de política local, Carlos Portomeñe, presentaron hoxe de xeito simultáneo, mocións nos cinco concellos afectados polas servidumes aeronáuticas do aeródromo de Rozas, reguladas polo Decreto 584/1972 e publicadas pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea, no listado no que se establecen as zonas afectadas polo radio de acción das pistas desta instalación dependente do Ministerio de Defensa.


Concretamente, os dous representantes de Esquerda Unida, rexistraron sendas mocións nos Concellos de Pol, A Pastoriza, Castro de Rei, Outeiro de Rei e Lugo, para que os plenos destas corporacións, insten ao Goberno Galego a aportar todas as certificacións necesarias en materia de seguridade para o emprego de drones no espazo aéreo da contorna, incluíndo as correspondentes da Axencia Estatal de Seguridade Aérea e da Axencia Europea de Seguridade Aérea, como a solicitude de cambio de usos do aeródromo, o rexistro de xestión de riscos ou os boletíns NOTAM entre outras, para as probas realizadas ata o momento con este tipo de aparellos.
As mocións presentadas exíxenlle tamén ao Goberno Galego que demande do Goberno do Estado a inmediata paralización das probas con Drones no aeródromo de Rozas pola súa afectación ós cinco concellos citados.
De feito en Rozas levantou xa o voo o “ATLANTE”, un avión non tripulado fabricado pola Empresa Cassidian, pertencente a multinacional EADS, o consorcio europeo líder mundial en venda de armamento, atópase nestes intres en proceso de artillaxe ou dotación de armamento, unha fase na que participa a empresa MBDA, líder mundial na fabricación de mísiles.
Ademais, no pasado Debate do Estado da Nación, celebrado o día 7 de outubro, o Presidente do Goberno Galego anunciou un investimento de 10 millóns de euros para adaptar as instalacións do aeródromo de Rozas e convertelo nunha base para drones.
Para EU-Lugo,os veciños dos concellos afectados por estas instalacións, teñen dereito a saber a verdade e a estar informados sobre as consecuencias das probas con drones nas súas vilas e pobos.




martes, 16 de octubre de 2012

MITIN CENTRAL DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN LUGO

O Instituto Lucus Augusti quedouse pequeno para escoitar a chamada á rebelión cívica de AGE

 Vista do salón de actos antes de iniciarse o mitin

  Presentou o acto Carlos Portomeñe


María Casar, número dous  por Lugo, durante a súa intervención


Ramón Vázquez, cabeza de lista por Lugo


Yolanda Díaz, segunda na candidatura de A Coruña


Xosé Manuel Beiras encabeza a candidatura da Coruña


 Integrantes da candidatura ao remate do mitin

domingo, 14 de octubre de 2012

CAYO LARA APOIA EN LUGO AOS CANDIDATOS E CANDIDATAS DE ESQUERDA UNIDA

Asegurou que Rajoy pedirá o rescate despois das eleccións galegas


 
  Cayo recorreu o centro de Lugo con candidatos e militantes

     O coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, apoiou coa súa presencia aos candidatos e candidatas de Esquerda Unida integrantes da lista por Lugo de Alternativa Galega de Esquerda e acompañou a un nutrido número de militantes no reparto de propaganda polo centro da cidade.
     Afirmou que o candidato do PP á releción como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "non representa unha coalición de partidos, pero representa unha coalición de defraudadores fiscais, de banqueiros e de estafadores electorais".

  Cayo Lara e Ramón Vázquez na súa comparecencia diante dos medios de comunicación 

  Cayo Lara e Ramón Vázquez, compareceron ante os medios nos soportais da casa consistorial. O cabeza de lista de AGE por Lugo afirmou que "a partir do día 21, o que está claro é que, pase o que pase, haberá unha nova forza parlamentaria" na Cámara galega, que abrirá "de par en par as fiestras do Parlamento, para que entre aire fresco".

Lugo Pregunta
Ás 18:00 horas comenzaba na Praza Maior unha nova edición de Lugo Pregunta, unha boa iniciativa do 15-M onde a cidadanía pregunta libremente aos candidatos/as dos diferentes partidos políticos que concorren ás eleccións. Ramón Vázquez representou a Alternativa Galega de Esquerda, e foi significativa a ausencia en dito acto, pese a seren invitados, dos partidos PP, PSOE e UPyD.


Mitin en Muimenta 
Para finalizar un intenso día de campaña, os candidatos/as de Alternativa Galega de Esquerda desprazáronse a Muimenta para celebrar un novo acto público. Falaron Ramón Vázquez, María Casar e Teresa Burgo, número doce da candidatura.
 
 
 Teresa Burgo, Ramón Vázquez e María Casar en Muimenta


 

sábado, 13 de octubre de 2012

MITIN DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN RIBADEO

RAMÓN VÁZQUEZ RECLAMA NA MARIÑA O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO NA PLANTA DE ALCOA

 Ramón Vázquez no cine-teatro de Ribadeo

     Alternativa Galega de Esquerda celebrou no cine-teatro de Ribadeo o seu segundo mitin na Mariña de Lugo. Falou en primeiro lugar Iván Rodríguez Lombardero, percente a Espazo Ecosocialista e número catorce da candidatura, quen centrou a súa intervención nas consecuencias perversas para o medio ambiente que conleva o actual sistema económico. Fernando Rodríguez, número sete da lista de AGE poor Lugo e membro de Equo, tomou a palabra a continuación e profundizou no compoñente ecoloxista da coalición. María Casar, de Anova e número dous, destacou as consecuencias nefastas para a cultura que supuxeron as políticas do goberno do PP na Xunta de Galicia nesta lexislatura.
     Finalmente, o cabeza de lista, Ramón Vázquez de Esquerda Unida, enumerou as mentiras máis sinaladas de Feijóo e aportou propostas concretas para superar a crise desde unha saída social, destacando a creación dunha Banca Pública, a imposición dunha política fiscal progresiva ou o combate ao paro a través da creación de emprego en sectores productivos que deben ser reactivados como a industria forestal. Tamén falou da necesidade de impulsar políticas de defensa do sector labrego, revitalizando as pequenas e medianas explotacións, a garantía de prezos xustos, apostando pola recuperación dos ecosistemas agrarios e a sustentabilidade económica e impulsando a ordenación do territorio e a fixación de poboación no medio rural, con políticas análogas para o mundo mariñeiro e a beiramar.
    No caso da planta de Alcoa, Ramón Vázquez advertiu que a empresa non debe recibir cartos públicos se non se compromete a garantir os empregos de toda a plantilla de traballadores/as.

viernes, 12 de octubre de 2012

MITIN CENTRAL LUGO


MITIN CENTRAL LUGO

MITIN INTERNACIONAL DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA

A Syriza de Grecia e o Front de Gauche de Francia apoian na Coruña a candidatura de Alternativa Galega de Esquerda

 O candidato por Lugo, Ramón Vázquez, cos intervintes 
no mitin internacional celebrado na Coruña

    Alternativa galega de Esquerda celebrou un mitin de carácter internacional na sala de Cámaras do Pazo da Ópera da Coruña, que se quedou pequena para o numeroso público que se achegou.
    O eurodiputado de Syriza Stavros Karagkounis proclamou que "o cambio" de España empeza no "norte". "Primeiro en Galicia, País Vasco e Cataluña", asegurou o político de esquerdas, quen advertiu de que "o que van votar os galegos, vai afectar" ao seu "fillo en Grecia".
    AGE reuniu, ademais da a Syriza grega, ao eurodiputado de IU Willy Meyer e ao do Front Gauche José Cordón. Este último asumiu o lema "Hai que paralos --hai que paralos--" para animar a votar a esta coalición e "contra a política de Rajoy e, aquí, de Feijóo".


A sala de Cámaras do Pazo da Ópera da Coruña quedouse pequena pola afluencia de público
    "Non só decidides o destino desta terra entrañable, é unha mensaxe que van recibir os pobos de Europa para ver se hai músculo para trenzar unha alternativa viable. E é posible", exhortou Willy Meyer, antes de dar a palabra a Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

martes, 9 de octubre de 2012

AGE CHAMA EN MONFORTE Á REBELIÓN DEMOCRÁTICA

Os monfortinos encheron a Casa da Cultura para escoitar a Beiras, Ramón Vázquez e os candidatos/as intervintes

Ramón Vázquez durante a súa intervención en Monforte

Ramón Vázquez,cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda reclamou en Monforte responsabilidades legais dos actuais gobernos da Xunta e Central pola súa xestión e afirmou: «E non vale que logo pidan perdón, que é algo que se está poñendo de moda, porque pide perdón o rei por cazar elefantes, os de Novagaliciabanco polo saqueo da Caixa, e incluso pide perdón Severino [Rodríguez, alcalde de Monforte] por porlle unha rúa a Fraga», dijo entre las risas del público.

 Amaro, de Esquerda Unida, e Enma, de Anova, durante a presentación do acto

ENTREVISTA EN ONDA CERO RADIO

Ramón Vázquez no momento da entrevista

Ramón Vázquez, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de Lugo, foi entrevistado esta mañá pola periodista Lourdes Abuide en Onda Cero Radio.
Unha entrevista moi centrada nas propostas concretas sobre emprego, nun día caracterizado pola mala noticia dos despedimentos no grupo de alimentación Cemar. Ramón tivo unhas verbas de apoio aos traballadores, e lembrou que a traxedia do paro tamén afecta estes días aos traballadores e traballadoras de Finsa, Aloca, Fundicións Pardo ou Jecsa, entre outros.
Por outra banda, as enquisas da prensa escrita otorgan un día máis un deputado por Lugo a Alternativa Galega de Esquerda.

MÍTINES EN VILALBA E VIVEIRO

A biblioteca de Vilalba e o teatro Pastor Díaz de Viveiro enchéronse para escoitar a Beiras e Ramón Vázquez

 Ramón durante a súa intervención en Viveiro

Día especialmente activo de campaña con mítines en Vilalba e Viveiro nos que participaron o cabeza de lista pola Coruña, Xosé Manuel Beiras, e o número 1 por Lugo, Ramón Vázquez.
Pola mañá, a biblioteca de Vilalba encheuse para escoitar aos candidatos e candidatas de Alternativa Galega de Esquerda.
Xa pola tarde, no mitin do teatro Pastor Díaz de Viveiro repetiuse o éxito de asistencia, o que amosa a importante acollida que están tendo as propostas da coalición electoral de Esquerda Unida, Anova, Equo e Espazo Ecosocialista, fundamentais para derrotar en Galicia as políticas antisosiais da dereita e para enviarlle ao presidente do goberno central un aviso claro de que terán un fin próximo porque a sociedade se rebela.

Ramón Vázque, Xosé Manuel Beiras e Paula Vázquez

VISITAS A SARRIA E LUGO

 Ramón Vázquez, María Casar e Isabel Sánchez en Sarria

Os candidatos e candidatas de Alternativa Galega de Esquerda visitaron hoxe Sarria para distribuir pola vila e pola feira dípticos co programa.



Posteriormente recorreron as rúas do centro de Lugo e o feiral so San Froilán.

CARTEL DE CAMPAÑA DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA


Hai que paralos!

viernes, 5 de octubre de 2012

INICIO DE CAMPAÑA DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA

Arranca unha campaña crucial para derrotar as políticas antisociais da dereita e construir unha saída social á crise

Ramón Vázquez de Esquerda Unida, Fe Rodríguez de Equo 
e María Casar de Anova no inicio oficial de campaña

Alternativa Galega de Esquerda (Esquerda Unida-Anova) iniciou a campaña electoral de cara as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 do vindeiro 21 de outubro, cun acto de confraternidade onde se deron cita militantes e simpatizantes das forzas políticas que constitúen a coalición: Esquerdsa Unida, Anova, Equo e Espazo Ecosocialista Galego.
Ás 24:00, hora de incio oficial da campaña, dirixíronse aos presentes o cabeza de lista da candidatura, Ramón Vázquez, e máis a número dous da candidatura, María Casar. A intervención de Ramón Vázquez xirou sobre os conceptos de rito e do mito, para amosar a necesidade de concebir uns comicios electorais na importacia real fronte á trivialización á que están sometidos nos últimos tempos, e a posibilidade certa de poder transformar a realidade desde as institucións se hai unha proposta realmente alternativa de carácter anticapitalista como é a de AGE.
Posteriormente os dous principais candidatos presentaron oficialmente aos asistentes o cartel da campaña electoral de Alternativa Galega de Esquerda, un cartel que racha coa tradicional imaxe personalizada do principal candidato e busca a imaxe de grupo para resaltar o colectivo fronte ao particular e reflectir a idea de unidade que se manifesta sen dúbida nesta coalición electoral.

VISITA A MONFORTE E CHANTADA

Ramón Vázquez hoxe en Chantada

Os prinicipais candidatos/as de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de Lugo, encabezados por Ramón Vázquez, repartiron dípticos programáticos en Chantada logo de atender unha entrevista en Monforte para o periódico quincenal EnComún (que se publicará o 16)