lunes, 7 de mayo de 2012

OROZCO ATACA A ESQUERDA UNIDA

O ALCALDE DE LUGO ATACA A EU LUGO POLA NOSA LOITA CONTRA A CORRUPCIÓN NA CIDADE
No transcurso dunha entrevista realizada nunha televisión e difundida para toda Galicia


O pasado 26 de abril de 2012, V Televisión emitiu unha entrevista realizada ó alcalde de Lugo, José López Orozco. As preguntas realizadas pola presentadora do programa xiraron fundamentalmente en torno a cuestións relacionadas coa corrupción política en Lugo.

No transcurso da entrevista, a periodista Fernanda Tabarés refírese ao espazo dixital LugoAnticorrupción e á suposta omertá existente entre o PSOE, o PP e o BNG con respecto ás diferentes causas abertas nos xulgados lucenses e que Esquerda Unida denuncia desde hai anos. O alcalde confirma o silencio dos partidos por "responsabilidade política", síntese constantemente aludido cando se fala de corrupción en xeral, e refírese despectivamente a Esquerda Unida.

Posteriormente, as cámaras de V Televisión desplazadas a Lugo entrevistan a varios lucenses na rúa para coñecer o seu posicionamento sobre a corrupción na cidade. Dous membros da Plataforma contra a Corrupción e en Defensa da Xustiza expoñen as súas opinións, e novamente o alcalde  refírese a Esquerda Unida e menosprecia a un integrante da Asociación en Defensa do Parque Rosalía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario