viernes, 5 de octubre de 2012

INICIO DE CAMPAÑA DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA

Arranca unha campaña crucial para derrotar as políticas antisociais da dereita e construir unha saída social á crise

Ramón Vázquez de Esquerda Unida, Fe Rodríguez de Equo 
e María Casar de Anova no inicio oficial de campaña

Alternativa Galega de Esquerda (Esquerda Unida-Anova) iniciou a campaña electoral de cara as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 do vindeiro 21 de outubro, cun acto de confraternidade onde se deron cita militantes e simpatizantes das forzas políticas que constitúen a coalición: Esquerdsa Unida, Anova, Equo e Espazo Ecosocialista Galego.
Ás 24:00, hora de incio oficial da campaña, dirixíronse aos presentes o cabeza de lista da candidatura, Ramón Vázquez, e máis a número dous da candidatura, María Casar. A intervención de Ramón Vázquez xirou sobre os conceptos de rito e do mito, para amosar a necesidade de concebir uns comicios electorais na importacia real fronte á trivialización á que están sometidos nos últimos tempos, e a posibilidade certa de poder transformar a realidade desde as institucións se hai unha proposta realmente alternativa de carácter anticapitalista como é a de AGE.
Posteriormente os dous principais candidatos presentaron oficialmente aos asistentes o cartel da campaña electoral de Alternativa Galega de Esquerda, un cartel que racha coa tradicional imaxe personalizada do principal candidato e busca a imaxe de grupo para resaltar o colectivo fronte ao particular e reflectir a idea de unidade que se manifesta sen dúbida nesta coalición electoral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario