domingo, 18 de noviembre de 2012

Folga Xeral 14-N

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UN ÉXITO O SEGUEMENTO DA FOLGA XERAL E AGARDA QUE SIRVA PARA QUE O GOBERNO RECAPACITE SOBRE AS SÚAS POLÍTICAS


 
A militancia de EU Lugo volcouse coa convocatoria dos sindicatos e seguiu o paro de xeito activo na rúa, co obxectivo de parar as políticas da troika que están a destruir o noso país, no que foi a primeira folga europea en medio século.
Esquerda Unida participou tamén na multitudianria manifestación que percorreu as rúas de Lugo, co deputado Ramón Vázquez á cabeza e compartindo comitiva cos compañeiros e compañeiras de Anova, visualizando deste xeito na rúa o que xa é unha realidade no Parlamento de Galicia coa coalición Alternativa Galega de Esquerda: a unidade da esquerda tranformadora fronte aos recortes sociais, económicos e políticos que aplica a dereita.



A Xuventude recuperando o seu futuro

Ramón Vázquez, deputado autonómico de AGE, ao remate da manifestación

No hay comentarios:

Publicar un comentario