ALTERNATIVA
GALEGA DE ESQUERDA
ESIXE A POSTA EN MARCHA DAS UNIDADES DE HEMODINÁMICA, RADIOTERAPIA E
MEDICINA NUCLEAR NO HULA
Os deputados de AGE no momento de rexistrar a iniciativa
Eva
Solla Fernández
, deputada de Alternativa Galega de Esquerda e membro da Comisión
Parlamentaria de Sanidade e Ramón
Vázquez Díaz
deputado por Lugo de AGE, presentaron hoxe perante a mesa do
Parlamento Galego, unha interpelación parlamentaria ao Goberno da
Xunta sobre os prazos de dotación das unidades de Hemodinámica,
Radioterapia e Medicina Nuclear no Hospital Universitario Lucus
Augusti de Lugo.
Dende
o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda ponse de
manifesto que dende
que o 26 de Febreiro de 2010, data en que Presidente da Xunta Alberto
Núñez Feijoo inauguraba o Hospital Lucus Augusti de Lugo e na que a
entonces Conselleira de Sanidade, dona Pilar Farjas, anunciaba a
posta en marcha dos servizos de Hemodinámica,
Radioterapia e Medicina Nuclear para
o segundo semestre de 2011, os servizos citados continúan a día de
hoxe pendentes, coa conseguinte preocupación e alarma social.
De
feito, os pasados días,
a Sociedade
Española de Cardioloxía,
alertou de que a mortalidade por infarto en Lugo dobra a das areas
como A Coruña, Santiago e Vigo que si dispoñen da unidade de
hemodinámica. De feito a provincia de Lugo é a única que carece
deste servizo o que condiciona o tratamento e as posibilidades de
supervivencia dos pacientes con infarto de miocardio.
Resulta
inaceptable pois, que este atraso estea a provocar un dano tan
irreparable nos pacientes da Provincia de Lugo e supón un claro
exemplo do que as medidas de recorte e austeridade están a
provocar.
Dende
AGE se pon de manifesto que neste, como noutros moitos casos,
tampouco se esta a producir ningún aforro, dado que o traslado dos
pacientes que se realizan
cada ano dende Lugo a outros hospitais, supón un custe maior que a
posta en marcha das unidades anteriormente referidas.
Por todo o exposto, dende Alternativa
Galega de Esquerda se esixe ao Goberno da Xunta que se resolva dunha
vez por todas esta situación e que se poña en marcha, no menor
prazo posible, as unidades de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina
Nuclear.
No hay comentarios:
Publicar un comentario