viernes, 11 de octubre de 2013

Obra social NovaGalicia Banco

ESQUERDA UNIDA PIDE AO CONCELLO DE LUGO QUE ASUMA A XESTIÓN DA OBRA SOCIAL DE NOVAGALICIA BANCO NA CIDADE

Inclúe o Centro Sociocultural da Praza de Santa María, o Centro de Maiores e a Escola Infantil do Sagrado Corazón, na actualidade propiedade do FROP que nacionalizou Nova Galicia Banco.
EU solicita tamén que algunha das coleccións de arte de pintores lucenses da Fundación Novagalicia Banco se cedan á cidade de Lugo

    Esquerda Unida Lugo considera que diante da intención do Goberno de vender a prezo de saldo Novagalica Banco, despois de ter sido rescata con mais de 9.000 millóns de euros de fondos públicos e nacionalizada a través do Fondo de Reestruturación Bancaria (FROP), a Obra Social da entidade corre un serio risco de desaparecer, se as administración non actúan para garantir a súa supervivencia. Unha obra social creada cos aforros de milleiros de galegos e galegas durante décadas, que agora ten un carácter público e que de ningunha maneira debe perderse.
     A aula de novas tecnoxías “Ciberalia” que a obra social tiña na cidade, pechou xa as súas portas deixando de prestar un servizo que, según os propios datos da entidade, atendía a 10.000 lucenses por trimestre e ofrecía actividades formativas a outros 500 nese mesmo periodo. Un servizo dirixido precisamente a persoas con dificulatades no acceso as novas tecnolóxias ou que non poden acceder a unha conexión de internet.

     Esquerda Unida Lugo presentou hoxe unha moción para que o Concello de Lugo faga as xestións oportunas diante das administracións centrais e autonómicas, para facerse cargo da importante obra social que a Fundación Novagalicia Banco, posúe na cidade.

     Dentro das instalacións que a obra social de Novagalicia Banco ten en Lugo, destaca o Centro de Maiores situado no Carril do Mercado. Fundado en 1965 e remodelado no ano 1996, conta con servizo de traballo social para maiores, biblioteca, ciberaula, sala de usos múltiples, gabinete de podoloxía, etc, servizos todos eles moi importantes para o colectivo de persoas maiores da cidade.

     Como importante é a Escola de Educación Infantil do Sagrado Corazón, onde se atende a 60 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos e que realiza un servizo fundamental no Barrio e na súa contorna permitindo tamén a conciliación da vida familiar e laboral de moitas familias.
Tamén hai que destacar o Centro Sociocultural da Praza de Santa María que conta cun auditorio para 120 asentos e unha sala de exposicións entre as súas instalacións, así como unha abundante dotación en medios audiovisuais, nunha cidade como Lugo, tan necesitada de espazos deste tipo.

     Esquerda Unida propón que o Concello de Lugo faga as xestións necesarias para asumir as instalacións e servizos agora de titularidade pública, antes de que sexan vendidas e se perda a importante función social que ata agora viñan prestando e que mesmo se podería potenciar. Neste sentido EU espera contar co apoio de todas as forzas con representación na institución municipal e sacar adiante unha moción que, sen dúbida, beneficiaria a todas e todos os lucenses.

     Cabe tamén recordar que a obra social de Novagalicia Banco conta con 5.596 obras de arte entre as que destacan 2.437 obras pictóricas, 392 entre esculturas e 2.130 obras gráficas. Entre elas destacan as coleccións de pintores Lucenses tan importantes como Isaac Díaz Pardo, Xulia Minguillón, Tino Grandio, Maruxa Mallo, Jesús Rodriguez Corredoira, Fermín González Prieto etc...
     Neste sentido Esquerda Unida propón que algunhas das importantes coleccións de pintores Lucenses que a obra social ten en propiedade, sexan cedidas á cidade de Lugo para ser contempladas en calquera dos espazos da obra social ou dos museos da cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario