EU ESIXE UNHA BANCA PÚBLICA
SE FOI SOSTIDO CON CARTOS PÚBLICOS NOVAGALICIA BANCO É NOSO E NON DA BANCA PRIVADA
Esquerda Unida Lugo saiu á rúa para esixir unha banca pública real, que recupere as vellas ideas do banco de crédito local, agrogandeiro, industrial e mesmo de crédito oficial, figuras hoxe extintas dentro da venta de Argentaria ao BBVA. Unha banca pública que financie os nosos asteleiros, a nosa industria, as PEMES, os nosos concellos, e ter un instrumento que convirta o esforzo de todos e todas en futuro.
SE FOI SOSTIDO CON CARTOS PÚBLICOS NOVAGALICIA BANCO É NOSO E NON DA BANCA PRIVADA
Esquerda Unida Lugo saiu á rúa para esixir unha banca pública real, que recupere as vellas ideas do banco de crédito local, agrogandeiro, industrial e mesmo de crédito oficial, figuras hoxe extintas dentro da venta de Argentaria ao BBVA. Unha banca pública que financie os nosos asteleiros, a nosa industria, as PEMES, os nosos concellos, e ter un instrumento que convirta o esforzo de todos e todas en futuro.
Desde
que comezou a crise, Bancos e Caixas recibiron máis de 180.000
millóns de euros en axudas directas.
En
Galicia a suposta COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN DAS CAIXAS do
Parlamento Galego está amosando ante os galegos e as galegas con
extrema crudeza a magnitude do ROUBO das Caixas de Aforros de
Galicia. Unha comisión manipulada dende o inicio e con limitacións
en canto ao acceso e difusión democrática da información sobre os
procesos de bancarización e fusión das dúas caixas galegas.
Mediante
este
proceso de privatización e bancarización das Caixas de Aforro,
seguidas despois da súa intervención a través dos mecanismos
financeiros públicos, transferíronse enormes cantidades de diñeiro
público do estado español e europeo ás institucións financeiras
privadas e privatizadas.
Este
proceso de bancarización empezara xa moito antes, a partir de
mediados dos anos 90, canto os gorentosos depósitos bancarios de
aforristas (case o 50% do total dos aforros galegos), empezaron a ser
empregados en operacións especulativas no ladrillo e en productos
financeiros de dudosa transparencia como as participacións
preferentes e subordinadas. Pero a partir de 2009 a crise fixo que
todo estoupara....
En
outubro de 2011, a entidade xurdida da fusión de CAIXANOVA e
CAIXAGALICIA, chamada NOVACAIXAGALICIA, ante os graves problemas de
capital, é intervida polo Estado mediante o FONDO DE
REESTRUCTURACIÓN ORDENADA DA BANCA (FROB) que aportou 2.465 millóns
de euros controlando o 92% da entidade.
Practicamente
un ano despois, o FROB inxectou 5.425 millóns de euros de axudas
procedentes do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE)
Estamos
a falar
de máis de 7.800 millóns de euros nesa altura, a data de hoxe máis
de 9.000 millóns e que chegarían aos 10.800 millóns en 2014
segundo Oliver Wyman, a consultora contratada polo goberno para
evaluar as necesidades de capitalización da Banca Española.
¿QUE
VAI PASAR AGORA?
O
que
temos agora con NOVAGALICIA Banco é un Banco formalmente público
que o goberno central, a través do FROB pretende vender á banca o
resultado de todos estes procesos de fusión, intervención e
vergoñenta inxección de diñeiro público. Unha venta que inclúe o
patrimonio das antigas caixas, o que queda da extinta Obra Social, e
o futuro de miles de postos de traballo no sector financeiro galego.
É
o momento de convertir NOVAGALICIA BANCO nun BANCO PÚBLICO REAL que
recupere as vellas ideas de banco de crédito local, agrogandeiro,
industrial e mesmo de crédito oficial, figuras hoxe extintas dentro
da venta de Argentaria ao BBVA.
Ter
un BANCO PÚBLICO que finance aos nosos asteleiros, á nosa
industria, aos nosos concellos, e ter un instrumento que convirta o
esforzo de todos e todas en FUTURO.
Ter
un BANCO PÚBLICO con control do Parlamento de Galicia que evite o
escurantismo que derivou nesta situación actual que hoxe expresa a
comisión das caixas do Parlamento Galego.
Ter
un BANCO PÚBLICO que recupere a OBRA SOCIAL e o concepto de
reinversión na economía produtiva, na cultura, na sanidade, na
educación o beneficio financeiro.
Ter
un BANCO PÚBLICO para Galicia e para os galegos e galegas.
QUEREMOS
BANCA PÚBLICA
QUEREMOS
FUTURO
http://esquerdaunida.org/images/pdf/0048466%20-%20esquerda%20unida%20-%20diptico.pdf



No hay comentarios:
Publicar un comentario