ISABEL VILALBA (SLG) NO XOVES VIOLETA
O xoves 30 de xaneiro, ás
20:00h. na Galería Sargadelos (Praza Santo
Domingo, 4), queremos debatir con vós sobre A
Muller no Rural. Trataremos o papel das mulleres
e traballadoras do rural galego nun momento de crise onde se acentúa a
invisibilización do seu traballo e a súa importancia para o mantemento das
poboacións rurais e o sistema produtivo en Galicia.
Contaremos coa presenza de Isabel Vilalba, gandeira e
Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), nativa de
Lourenzá (Lugo). Anteriormente foi responsable da Secretaría de Mulleres do SLG
e forma parte da directiva da Coordinadora Europea de Vía Campesiña. Con ela
falaremos dalgunhas das cuestións clave para comprender a situación das mulleres
rurais na actualidade.
Esperámosvos a todas e a todos!

No hay comentarios:
Publicar un comentario