![]() |
| Portomeñe entregando o escrito na Subdelegación de Goberno |
En canto aos votos desaparecidos, sinalar en primeiro, lugar, que EU recibiu a certificación por parte da Xunta Electoral Provincial de que nos corresponden corenta e nove votos (49) na mesa electoral da Escola de Paradai, e non cero (0) como figura na acta do escrutinio xeral. A certificación da Xunta Electoral zanxa o asunto recoñecendo simplemente que se trata dun "erro". Tampouco menciona as cifras alteradas do total de votantes na mesa.
Con esta certificación, EU actuará de xeito coordinado e por partida triple: presentou hoxe un escrito na Subdelegación de Goberno de Lugo, e os servizos xurídicos federais farán o mesmo na Xunta Electoral Central en Madrid e no Ministerio de Interior para que os datos se recollan oficialmente.
EU quere trasladar o gradecemento aos votantes en primeiro lugar, aos que se lles pode dicir que os seus sufraxios xa están certificados oficialmente pola Xunta Electoral. E o agradecemento tamén aos/ás lucenses que nestes días nos fixeron chegar o seu apoio e preocupación por un feito de suma gravidade.
A desaparición de 49 votos no reconto oficial e a rebaixa matemática do número total de votantes para facer cadrar os datos, non pode quedar nunha simple rectificación. Está en xogo a credibilidade do propio sistema electoral. EU entende que non se pode despachar o asunto cunha simple corrección, senón que a cidadanía agarda unha explicación coherente por parte da administración, en concreto da Subdelegación de goberno e da Xunta Electoral. Nese sentido EU esixe que ditas administracións se pronuncien publicamente e ofrezan unha explicación do sucedido.

No hay comentarios:
Publicar un comentario