Respetando a presunción de
inocencia do alcalde, EU considera un despropósito que presente unha querella
por unha información de prensa
EU respeta a presunción de inocencia do
alcalde de Lugo cando se defende das acusacións do controvertido empresario
Jorge Dorribo, quen o implica en presuntas irregularidades.
Sen embargo, EU
considera un despropósito que o alcalde de Lugo anuncie unha querella contra un
empresario que declara no Tribunal Supremo por dous motivos
fundamentais:
- as declaracións, que evidentemente
poden ser falsas, se producen no marco dun proceso xudicial, e polo tanto deberá
ser o propio tribunal quen xuzgue se debe actuar contra o empresario por
desacato.
- unha vez máis se filtran informacións
nos medios, pero as dilixencias son secretas e non existe ningunha
evidencia dos contidos desas declaracións excepto por algúns medios de
comunicación. ¿Unha querella polo que dicen que dixo o declarante? En todo caso,
terá que agardar ao momento no que se levante o secreto das dilixencias e o
sumario.
O alcalde sinala que Dorribo debe
cartos ao Concello por convenios asinados anteriormente. EU esixe que o
alcalde aclare publicamente cantos convenios tiña o Concello co empresario, e
que cantidades debe presuntamente á institución, así como especificar en
concepto de que é cada deuda. Pese ás declaracións do alcalde as
informacións de prensa indican que Nupel financiou en 2010 o programa Lugo 10
con 12.000 euros , e donou 41.260 euros para actos do Arde Lucus, cantidades que
constarían como xa pagadas. En todo caso, non se explican as honras do alcalde a
un empresario que non pagaría á institución. (http://elprogreso.galiciae.com/nova/120154.html)
![]() |
| Orozco obsequiando a Dorribo |
EU sinala que a Operación Campeón pon
en evidencia a implicación de, cando menos, tres institucións (Concello,
Deputación e Xunta de Galicia) e de representantes de tres partidos políticos:
PP, PSOE e BNG. Tendo en conta a presunción de inocencia de todos os implicados,
hai que destacar que neste momento existen, polo menos, tres ex altos cargos do
PP, dous ex-dirixentes do BNG e un ex-ministro do PSOE imputados na trama de
adxudicación irregular de subvencións, intimamente relacionada coa Operación
Carioca.
Pero na comparecencia pública, o
alcalde falou de unicamente dous convenios con dito empresario (Arde Lucus e
Lugo 10). Neste sentido EU esixe que o alcalde aclare se o goberno destinou
cartos, e no seu caso as cantidades, ao equipo Rally Nupel Team e a Escola de
pilotos Luis Moya, os proxectos deportivos de Jorge Dorribo. EU esixe que se
aclare desde o Concello, pero tamén desde a Deputación e a Xunta (a do goberno
bipartito e a do actual do PP), cantos cartos públicos recibiron os dous
proxectos deportivos mencionados, proxectos fantasmas que hoxe non existen. O
propio Luis Moya chegou a amosarse "sorprendido" coa axuda do Concello de Lugo
ao seu proxecto, que hoxe é unha nave baleira no concello de Rábade. (http://elprogreso.galiciae.com/nova/46085.html) Incluso a
Universidade de Santiago chegou a firmar un convenio coa Luis Moya Rally School
para formar a xoves en seguridade vial. (http://elprogreso.galiciae.com/nova/53448.html)
A presentación en Compostela do equipo
para o campionato mundial de rallies contou co aval das tres institucións e
políticos dos tres partidos. Hai que destacar que un equipo destas
características supón un enorme desembolso económico ao alcance de moi poucas
escuderías.
![]() |
José Ramón Lete, Secretario Xeral de Deporte da Xunta, na Luis Moya Rally School
|
Sempre se presenta a Jorge Dorribo como
mecenas de acontecementos deportivos e lúdicos, pero se obvia que as
investigacións da Operación Campeón se centran na posible concesión irregular de
subvencións públicas. Neste sentido, hai que destacar que as empresas de Dorribo
e o seu proxecto deportivo de rallies recibiron moitos máis cartos públicos dos
que o empresario aportou como patrocinador de eventos.
![]() |
| Fernando Blanco falando con Dorribo e Bao nun simulador de rally |




No hay comentarios:
Publicar un comentario