Auga 100% Pública
para Lugo ! !
!
Baixo o lema “Auga 100% pública para
Lugo”, ESQUERDA UNIDA celebra o Día mundial da auga cun acto informativo na
rúa no que recolleremos sinaturas a favor da xestión pública deste ben básico,
leremos o manifesto da auga e informaremos a cidadanía sobre as consecuencias
que a privatización da auga ten para todos os lucenses. Porque a auga é de todos e de todas, animamos
a todos os veciños e veciñas a participar no día en defensa dun ben público
prezado e esencial para todo o mundo co que non se debe especular.
Esquerda Unida organiza o
Día Mundial da Auga en Lugo
participando na campaña internacional “WATER WORLD DAY” (Dia internacional da
auga) promovida pola ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS PARA A ALIMENTACIÓN E A
AGRICULTURA (FAO). Xunto con outras case 700 vilas e
cidades de todo o mundo, as veciñas e veciños de Lugo
poderán participar este xoves
22 de marzo as 17:00 horas na rúa da Raíña nas
actividades previstas, entre as que se procederá a elaboración dun cartel
xigante e a lectura do “Manifesto pola Auga”, entre
outros.
A
Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución
A/RES/47/193 pola que o 22 de marzo de cada ano foi declarado Día Mundial da
Auga, a celebrar a partir desa data, en conformidade
coas recomendacións da Conferencia da Nacións
Unidas sobre Medio e Desenvolvemento contidas no
Capítulo 18 da Axenda 21. Invítase dende entón a todos os países e cidades á
celebración de actividades para fomento da conciencia publica a través da
producción e difusión de documentais e a organización de conferencias, mesas
redondas, seminarios e exposicións relacionadas coa conservación e
desenvolvemento dos recursos hídricos así como coa posta en práctica das
recomendacións da Axenda 21.
Entre as principias recomendacións
contidas no referido documento destacan as indicadas no
apartado 18.50. B na que se establecen como actuacións
prioritarias:
-
Mellorar o funcionamento das administracións públicas na ordenación dos recursos hídricos, e ao mesmo tempo, recoñecer plenamente o papel das autoridades locais.
-
Fomentar o aproveitamento e a ordenación da auga baseados na participación, de maneira que interveñan os usuarios, os planificadores e os encargados da formulación de políticas a todos os niveis.
-
Aplicar o principio de que as decisións deben adoptarse ao nivel máis baixo que resulte apropiado, consultando o público e coa participación dos usuarios na planificación e a execución de proxectos relacionados coa auga.
Estas recomendacións están moi
lonxe de ser tidas en conta no noso Concello, de feito dende Esquerda Unida vimos denunciando o pacto de goberno polo que
PSOE e BNG acordaron a privatización do servicio de auga. Iniciamos unha campaña
de recollida de firmas para deter unha decisión política tomada as costas dos
intereses da cidadanía, unha vez que se teñen invertido grandes cantidades de
diñeiro público na mellora das instalacións do ciclo da auga, incluíndo a
construcción dunha nova depuradora.
Advertimos que a decisión de por en
mans privadas este ben universal, supón un notable
encarecemento do recibo da auga e animamos a todos os veciños e veciñas,
colectivos e asociacións a participar na campaña de sinaturas iniciada para
deter este proceso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario