Instalamos unha mesa informativa contra a privatización do servizo de augas e realizamos actividades para nenos e nenas
Esquerda Unida celebrou o Día Mundial da Auga coa instalación dunha mesa informativa no centro da cidade e a celebración de actividades para os nenos e nenas, que poideron pintar un cartel co logotipo da xornada mundial que se celebraba en 700 localidades do mundo.
Tamén recollemos sinaturas contra a privatización do servizo de augas, que esta mesma semana confirmaban o PSOE e o BNG. Orozco e Bao, alcalde e tenente de alcalde respectivamente, sinalaban que a nova empresa mixta que pretenden crear para o ciclo da auga «vai saír adiante e vai ter alicerces firmes, non de barro». Mesmo o alcalde afirmou que a nova sociedade mixta será «unha fórmula novedosa», porque incorporará capital público y privado.
Non. A fórmula non é novedosa nin orixinal. É exactamente a mesma fórmula que está utilizando Esperanza Aguirre en Madrid para privatizar o Canal de Isabel II: 51% capital público e 49% capital privado, pero sometida a empresa ao dereito privado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario