viernes, 7 de diciembre de 2012

ERE de paradores de turismo

ESQUERDA UNIDA ASISTIU HOXE Á CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO DO PARADOR DE TURISMO DE MONFORTE.


Ramón Vázquez e Carlos Portomeñe asistiron hoxe á concentración que tivo lugar diante do Parador de Turismo de Monforte, na defensa dos traballadores e contra o ERE que a empresa , Paradores do Estado, ten previsto aplicar nos establecementos de todo o pais. O ERE anunciado prevé despedimentos , peche de instalacións e reduccións horarias como o caso de Monforte, no que se pretende pechar o parador durante sete meses ao ano.
A xornada de protesta se enmarca dentro do calendario de mobilizacións previsto en toda a rede de Paradores do Estado, que inclúe dúas xornadas de folga e concentracións en todo pais nos días de hoxe e maña día 8 de Decembro.
De feito, os representantes de Esquerda Unida asistirán maña día 8, a concentración que terá lugar no parador de Vilalba, dentro do segundo día de mobilizacións convocada contra o ERE previsto.
Esquerda Unida defende a viabilidade dos Paradores e o seu caracter Público, considerando o ERE, unha manobra mais para a privatización de todos os bens públicos do Estado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario