martes, 4 de diciembre de 2012

Xuntanza co comité de empresa de Alimentos Lácteos

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA MANTIVO UNHA REUNIÓN DE TRABALLO COS MEMBROS COMITÉ DE EMPRESA DE ALIMENTOS LÁCTEOS

 Os deputados de AGE co comité de empresa de Alimenbtos Lácteos

Ramón Vazquez Díaz, deputado de Alternativa Galega de Esquerda por Lugo e Antón Sánchez García, deputado de AGE e membro da Comisión Parlamentar de Agricultura e Gandería, mantiveron ,onte día 3 de decembro, unha xuntanza cos membros do comité de empresa da cooperativa Alimentos Lácteos, dada a crítica situación financieira pola que está a atravesar.
Alimentos Lácteos que fora unha aposta do Goberno de Feijoo, presenta nestes intres serias dificultades de viabilidade, pola falta de liquidez e o impago aos gandeiros pola leite recibida.
Con todo, a marca DELEITE, que se produce na empresa, ten unha importante demanda e unha ampla aceptación no mercado, cun volume de ventas significativo tanto en Galicia como no resto do estado.
Dende AGE consideramos imprescindible a implicación do Goberno da Xunta na xestión da cooperativa e no control das axudas, subvención e liñas de crédito aportadas, de cara a garantir o futuro dunha cooperativa crucial para a supervivencia do sector lácteo da provincia de Lugo.
Resulta ademais moi importante, a intervención do Goberno da Xunta de cara a favorecer un aumento das cooperativas participantes, xa que das 11 que facían entregas, agora xa so quedan 4.
Alternativa Galega de Esquerda, presentará nos próximos días unha pregunta, parlamentaria dirixida a coñecer os pasos que o Goberno da Xunta está a desenvolver, nunha situación grave e urxente como a referida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario