![]() |
| Imaxe das persoas obrigadas a cruzar pola estrada sen sinalizar |
O feito de que o paso de peóns existente este incompleto e que non
permita mais que cruzar de xeito parcial a calzada, obriga ós peóns
a asumir uns riscos que se ven incrementados os días en que as
ringleiras de vehículos acoden aos partidos do Clube Deportivo Lugo.
Hai que salientar que dende que foron instaladas as barreiras de
seguridade na Nacional VI polo Ministerio de Fomento, a zona sinalada
é o paso obrigado para a maior parte dos peóns que acceden dende a
cidade a pe ó Estadio Anxo Carro pero tamén para as persoas que
acceden ao Barrio da Ponte, ó Clube Fluvial e ó centro comercial.
Trátase pois dunha zona cun importante tránsito de persoas que
esixe que se corrixa esta importante eiva nas medidas básicas de
seguridade vial, así como as medidas de accesibilidade universal
para as persoas con mobilidade reducida.
![]() |
| Os coches aparcados nas medianas e a falla de accesibilidade complican a seguridade |


No hay comentarios:
Publicar un comentario