martes, 26 de noviembre de 2013

Xoves violeta



XOVES VIOLETA
xoves 28 de novembro
 ás 20:00h
Galería Sargadelos (Praza Santo Domingo, 4)
 
Queremos debatir con vós sobre O dereito a decidir sobre o noso corpo, debate de gran interese nun momento no que as mulleres vivimos un retroceso e perda de dereitos, como así pretenden o Goberno e o ministro Gallardón coa súa reforma da Lei do Aborto. Ata onde imos consentir que decidan por nós? Como podemos organizar a resposta dende o movemento feminista?

Para responder a estas e outras preguntas, contaremos coa presenza de Lola Ferreiro, investigadora e activista feminista, gran referente no feminismo de clase en Galicia. É tamén profesora no Postgrao en Estudos de Xénero da Universidade de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario